Comprobacións técnicas do DNIe con Mozilla Firefox e Windows

  • A utilización do DNI electrónico é válida para tramitacións telemáticas.Para o seu uso é necesario contar con determinados elementos de hardware e software que permitan o acceso ao chip da tarxeta e, polo tanto, a utilización dos certificados contidos nela.

    Cando acceda a unha opción da páxina web que requira certificado electrónico, o navegador debería solicitarlle o PIN e, a continuación, mostrarlle o almacén de certificados para que elixa que corresponda (autenticación ou firma).Se non sucede así é que o seu navegador ou o seu DNIe non están correctamente configurados.

    1. Para a utilización do DNIe necesita dispoñer dun lector de tarxetas que cumpra cos estándares ISO-7816 e API PC/SC, que estea conectado correctamente ao seu ordenador e que o seu sistema operativo o recoñeza correctamente.Nos sistemas Windows aparece a mensaxe "Este dispositivo instalouse correctamente e está listo para usar".Debe seguir as instrucións do fabricante do lector para a instalación dos drivers.

      Ademais é necesario que instale o software adecuado en función do sistema operativo que estea a usar. Poderán obtelo dende a área de descargas da web oficial do DNI electrónico do Ministerio do Interior en www.dnielectronico.es/descargas.Unha vez descargado o software, deben instalar o MÓDULO CRIPTOGRÁFICO DNIe adecuado ao seu sistema operativo (32 bits ou 64 bits).

      Facilitámoslle o enlace directo á páxina do DNI electrónico:

    dni electronico dnie pin autenticacion firma "presentación con dni electrónico presentación de declaracións con dni electrónico asinar con dni electrónico" "utilización do dni electrónico" non funciona
  • Area de descargas

    32 bits

    Módulo

    Seleccione "Gardar arquivo" e, unha vez descargado, busque o arquivo na opción "Descargas" do seu navegador ou na carpeta onde garde as descargas para executalo.

    Gardar arquivo DNIe

    No caso de que se detecte unha versión anterior do módulo criptográfico, recomendámoslle que utilice a opción "Reparar" do asistente.

    reparar instalación módulo criptográfico

    1. Co DNIe no lector de tarxetas, comprobe se o seu navegador Mozilla Firefox está a recoñecer o DNIe.Acceda ao menú "Ferramentas" ou a icona de tres raias horizontais, "Opcións", Privacidade e seguridade, no apartado "Seguridade" busque "Certificados".No botón "Dispositivos de seguridade", se o software está instalado correctamente, o módulo "DNI electrónico" aparecerá na lista de "Módulos de seguridade e dispositivos".

      Ferramentas, Opcións

      Dispositivos de seguridade

      Para asegurarse de que Mozilla Firefox detecta e accede aos certificados que contén o DNIe, recomendamos que inicie a sesión antes de entrar na páxina do trámite no que desexa identificarse mediente DNIe.Para iso seleccione o módulo do DNI electrónico e faga clic en "Iniciar sesión", introduza o contrasinal ou PIN e, se todo é correcto, na columna "Valor" apareceralle o texto "Sesión iniciada".

      Sesión non iniciada

      Introducir contrasinal

      Sesión iniciada

      Se o módulo non se tivese cargado, realice a descarga manual do "Módulo único" pulsando "Cargar";escriba "DNIe" na casa "Nomee do módulo" e pulse en "Examinar".

      Cargar módulo

      Dende a ventá de selección busque o arquivo chamado DNIe_P11.dll situado na ruta "X:\Windows\System32\", seleccióneo e faga clic en "Abrir".

      busca controlador p11

      Aparecerá o nome do arquivo na casa "Arquivo do módulo", faga clic en "Aceptar".

      Faga clic en aceptar cargar o dispositivo

      Comprobe que apareza o módulo agregado na táboa de dispositivos.Pulse "Iniciar sesión" como lle indicabamos anteriormente.

      Cargado

      Se obtén o erro "Non foi posible engadir o módulo" e ten a versión de Firefox de 64 bits, recomendámoslle que desinstale esa versión de Firefox e a substitúa por Firefox de 32 bits.Para iso acceda a https://www.mozilla.org/en-US/firefox/all/ e descargue a versión de 32 bits correspondente ao idioma desexado.Detectáronse algunhas incompatibilidades ao manter as dúas versións, polo que só debe deixar instalada a de 32 bits.Para evitar confusións, modifique a ruta de descarga da versión de 32 bits a pesar de seleccionala na web de descargas de Firefox.

      Se puido seguir estes pasos e visualizar o certificado na pestana "Os seus certificados" significa que o software do DNIe e o certificado raíz para Firefox están correctamente instalados.

    2. Tras comprobar que o DNIe está ben instalado é necesario verificar que funciona correctamente.Acceda á páxina "http://www.dnielectronico.es/" do DNI electrónico.No menú situado na marxe esquerda faga clic en "Como utilizar o DNI"Verificar que funciona".

      A comprobación dos certificados pode realizarse dende o validador de "@FIRMA - VALIDE" ou dende "FNMT".Pulse sobre o enlace para efectuar a validación da FNMT

      Verificar que funciona

      Introduza o PIN e seleccione o certificado de autenticación.Volverá aparecer unha ventá na que deberá introducir o PIN.

      Como resultado desta comprobación aparecerá unha páxina na que se indicará, se todo é correcto, "o seu DNIe acaba de ser verificado.Está vostede en disposición dun Certificado de Autenticación Activo".

      verificación de certificado

      Se aínda introducindo o PIN correctamente non avanza de pantalla ou aparece unha mensaxe de "Non se pode mostrar páxina", é probable que o PIN estea bloqueado.

      Se aparece activo, comprobouse que o certificado de autenticación é válido, agora será necesario comprobar tamén a firma.Para iso pode realizar algún trámite da Sede Electrónica da AEAT que requira firma electrónica, por exemplo, a obtención dunha certificación tributaria.

      Mentres non se realice a validación (autenticación e firma) de forma satisfactoria, o DNIe non funcionará na nosa páxina web.

    Ligazóns de interese:

    firefox mozilla dni dni electronico dnie pin autenticacion firma "presentación con dni electrónico" "presentación de declaracións con dni electrónico asinar con dni electrónico" "utilización de dni electrónico" non funciona
  • Manual de comprobación do bloqueo do DNIeNova ventá