Comprobacións técnicas do DNIe con Internet Explorer

  • A utilización do DNI electrónico é válida para tramitacións telemáticas pero será necesario contar con determinados elementos de hardware e software que permitan o acceso ao chip da tarxeta e, polo tanto, o uso dos certificados contidos nela.

    Cando acceda a unha opción da páxina web que requira certificado electrónico o navegador debería solicitarlle o PIN e, a continuación, mostrarlle o almacén de certificados para que elixa que corresponda (autenticación ou firma).Se non sucede así é que o seu navegador ou o seu DNIe non están correctamente configurados.

    Comprobe a versión do DNIe que está a utilizar.Teña en conta que o DNIe 3.0 non é compatible con sistemas operativos Windows XP e Windows Vista, tal e como se indica na páxina www.dnielectronico.es.

    Para a utilización do DNIe necesita dispoñer dun lector de tarxetas que cumpra cos estándares ISO-7816 e API PC/SC, que estea conectado correctamente ao seu ordenador e que o seu sistema operativo o recoñeza correctamente.Nos sistemas Windows aparece a mensaxe "Este dispositivo instalouse correctamente e está listo para usar".Debe seguir as instrucións do fabricante do lector para a instalación dos drivers.

    Ao detectar por primeira vez un DNIe, o equipo solicita o PIN;posteriormente solicitará o PIN unicamente cando se realicen operacións de firma.

    Naqueles casos nos que non se recoñece o DNIe siga os pasos a continuación:

    1. Extraa o DNIe do lector.
    2. Peche ou salga completamente do navegador. Asegúrese de que non quedan procesos abertos.
    3. Introduza o DNIe no lector de novo.
    4. Abra o navegador e reintente o trámite que desexe realizar.(A consulta de “Os meus expedientes” en “Sede electrónica” é un xeito sinxelo de comprobalo)

    Se tras estes pasos o sistema non lle pide PIN, instale o módulo criptográfico como se indica nesta axuda.

    Se lle pide o PIN e despois de introducilo aparece “Non se pode mostrar a páxina”, recargue a páxina (F5 ou Ctrl+F5).

    Se aparece este erro, pero o DNIe funciona ou funcionou con este navegador na nosa páxina ou outra recentemente, verifique os Antivirus que poidan xerar erros cos certificados e/ou reinicie o equipo.

    Se o DNIe non funciona neste navegador en ningunha páxina instale o módulo criptográfico como se indica na axuda a continuación.

    Naqueles casos nos que o sistema non detecte DNIe, e para sistemas operativos Windows XP ou Vista, recoméndase a instalación da última versión do módulo criptográfico publicado a páxina web www.dnielectronico.es

    Se utiliza Windows 7, Windows 8, Windows 8.1 e Windows 10, no servizo de actualización de Microsoft Windows Update encóntranse dispoñibles as novas versións do driver do DNIe.Unicamente debe introducir a tarxeta DNIe no lector e o sistema operativo instala o driver de forma rápida e automática.Non se debe extraer o DNIe do lector ata a finalización da instalación.Se a instalación non se realiza automaticamente acceda a "Windows Update" e faga clic sobre "Buscar actualizacións", a actualización denomínase:"Dirección Xeral da Policía - Other hardware - DNIe Minidriver for Smart Card".

    Actualzación

    dni electronico dnie pin autenticacion firma "presentación con dni electrónico presentación de declaracións con dni electrónico asinar con dni electrónico" "utilización do dni electrónico"
  • INSTALACIÓN MÓDULO CRIPTOGRÁFICO

    Co lector e o DNIe conectado ao equipo, acceda á páxina www.dnielectronico.es, entre en "Área de descargas" e faga clic en "Windows".En función de se se trata dun equipo de 32 ou de 64 bits descargue un instalador ou outro.

    Acceso á área de descargas

    Sistemas Windows 7, W8, W8.1, W10, W XP e W Vista

    A continuación descargue o módulo criptográfico para o DNIe e siga as instrucións que aparecen ao executalo.Módulo

    No caso de que se detecte unha versión anterior do módulo criptográfico, recomendámoslle que utilice a opción "Reparar" do asistente.

    reparar instalación módulo criptográfico

    1. Co DNIe no lector de tarxetas, comprobe se Internet Explorer está a recoñecer o DNIe.Acceda a "Ferramentas" ou a icona da roda dentada, "Opcións de Internet", "Contida".Ao pulsar o botón "Certificados" aparecerá a ventá solicitando o PIN.Introduza o PIN e poderá comprobar os certificados instalados.

      Ferramentas Contendido

      Os certificados do DNIe almacénanse na pestana "Persoal":un certificado de autenticación e un certificado de firma.

      Persoal

      Na pestana "Entidades emisoras raíz de confianza" debe aparecer a entidade "AC RAÍZ DNIE".

      Raiz

      Se puido seguir estes pasos e visualizar o certificado na pestana "Persoal" significa que o software do DNIe e o certificado raíz para Microsoft están correctamente instalados.

    2. Tras comprobar que o DNIe está ben instalado é necesario verificar que funciona correctamente.Acceda a paxínaa de DNI electrónico.No menú faga clic en "Como utilizar o DNIe" e no enlace "Verificar que funciona".

      Verificar que funciona DNIe

      A comprobación dos certificados pode realizarse dende o validador de "@FIRMA - VALIDE" ou dende "FNMT".Pulse sobre o enlace para efectuar a validación da FNMT

      Validación

      Introduza o PIN e seleccione o certificado de autenticación.Volverá aparecer unha ventá na que deberá introducir o PIN.

      Como resultado desta comprobación aparecerá unha páxina na que se indicará, se todo é correcto, "o seu DNIe acaba de ser verificado.Está vostede en disposición dun Certificado de Autenticación Activo".

      verificación de certificado

      Se aínda introducindo o PIN correctamente non avanza de pantalla ou aparece unha mensaxe de "Non se pode mostrar páxina", é probable que o PIN estea bloqueado.

      Se aparece activo, comprobouse que o certificado de autenticación é válido, agora será necesario comprobar tamén a firma.Para iso pode realizar algún trámite da Sede Electrónica da AEAT que requira firma electrónica, por exemplo, a obtención dunha certificación tributaria.

      Mentres non se realice a validación (autenticación e firma) de forma satisfactoria, o DNIe non funcionará na nosa páxina web.

    No caso de que non sexa posible a identificación co DNIe, recomendámoslle que o intente con outro navegador.

    Ligazóns de interese:

    dni electronico dnie pin autenticacion firma "presentación con dni electrónico presentación de declaracións con dni electrónico asinar con dni electrónico" "utilización do dni electrónico"
  • Manual de comprobación do bloqueo do DNIeNova ventá
  • Enlace á páxina do DNI electrónicoNova ventá