Rexenerar Código de Activación de Cl@ve Permanente

  • Para activar o teu usuario en Cl@ve Permanente é necesario o código de activación que se inclúe no xustificante que se obtén tras rexistrarse en Cl@ve.

    Se non conservas este código, podes rexeneralo de forma inmediata dende o servizo "Rexenerar código de activación de Cl@ve Permanente", dentro dos trámites de "Registro Cl@ve" na páxina web ou na aplicación para dispositivos móbiles "Cl@ve PIN" entrando na categoría "Xestións", situada na marxe inferior da pantalla.

    Acceso dende a páxina web

    Rexenerar código.Trámites

    Tras identificarche con Cl@ve PIN ou con firma dixital (certificado electrónico ou DNI electrónico) le detidamente o texto explicativo e pulsa "Acepto".

    Datos identificativos e texto explicativo

    Na seguinte ventá obterás o código de activación (que pode copiar ou anotar) e mostraranse as 3 opcións dispoñibles.

    Código de activación e opcións dispoñibles

    1. "Xerar PDF co código de activación":confirma que os datos de rexistro son correctos e pulsa "Visualizar PDF".Descargarase un xustificante nun PDF co código de activación. Xerar PDF con código de activación. Xustificante PDF con código activación
    2. "Acceso ao servizo de activación do usuario": enlaza directamente coa activación do usuario de Cl@ve Permanente, dentro do portal Cl@ve. Activación usuario Cl@ve
    3. "Acceso ao servizo de esquecemento de contrasinal":pulsa esta opción se xa activaches Cl@ve permanente pero esqueciches o contrasinal ou desexas modificala.Esquecemento de contrasinal Clve

    Ao pulsar as opcións 2 e 3 mostrarase un aviso informando da necesidade de descargar previamente o PDF co código de activación.Non obstante, se non xeraches o PDF ou non anotaches o código, podes volver acceder ao servizo e xerar un novo código.

    Aviso xeración PDF

    Tamén obterás ún novo código de activación se utilizas o trámite "Obter un nivel de seguridade superior en Cl@ve con certificado ou DNI electrónico" para modificar o teu rexistro en Cl@ve a nivel alto.

    Acceso dende a aplicación "Cl@ve PIN" para dispositivos móbiles

    A rexeneración do Código de Activación para Cl@ve Permanente a tráves da aplicación "Cl@ve PIN" require identificación mediante un PIN.Unha vez activado o usuario no dispositivo, pulsa a opción "Xestións" situado na marxe inferior da pantalla", despois "Rexenerar Código de Activación.De Cl@ve Permanente".

    Xestións - Rexenerar Codigo de Activación

    Se non dispós dun PIN válido obtido nos últimos 10 minutos a app pedirache que te identifiques introducindo o dato de contraste:a data de validez para un DNI (data de expedición se é un DNI permanente) ou o número de soporte para un NIE;despois de pulsar "CONTINUAR" incluirase o PIN de forma automática na casa correspondente.Pulsa "ACCEDER" para continuar.

    Identificación na app para realizar xestións

    Le detidamente o texto explicativo e pulse "Acepto".Na seguinte ventá obterás o código de activación (que podes copiar ou anotar), confirma que os datos de rexistro son correctos e pulsa "Visualizar PDF".Descargarase un xustificante nun PDF co código de activación no teu dispositivo.

    Visualizar PDF

    Despois deberás acceder aos servizos de xestión de contrasinal de Cl@ve Permanente na web de Cl@ve.

    rexenerar código activación cl@ve permanente
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda