¿Quién puede ser colaborador social?

Poden ser colaboradores sociais aquelas entidades que no marco da colaboración social na aplicación dos tributos teñan subscrito a tal efecto un acordo coa Axencia Tributaria, así como os profesionais que exerzan a súa actividade profesional no ámbito da xestión tributaria e estean asociados ou colexiados en entidades que teñan asinado un acordo de colaboración social que o permita.

Poderán subscribir acordos de colaboración social:

  • As Comunidades Autónomas e outras Administracións Públicas
  • As entidades ou institucións privadas, entre outras, as que ostenten a condición de colaboradoras na xestión recadatoria.
  • As institucións e organismos representativos de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais.Para estes efectos, enténdense incluídas as organizacións corporativas das profesións oficiais colexiadas.
  • As empresas respecto das declaracións, comunicacións e outros documentos tributarios correspondentes ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e ao Imposto sobre o Patrimonio dos seus traballadores.

No caso de colexios e asociacións que integren os profesionais dedicados habitualmente a prestar servizos de carácter tributario, o acordo de colaboración tamén autorizará estes a presentar declaracións, comunicacións e outros documentos tributarios, así como a realizar as actuacións permitidas, en materia de colaboración social, en representación de terceiras persoas.Para iso será necesario que os profesionais colexiados ou asociados subscriban un documento individualizado de adhesión.

As entidades interesadas en subscribir un acordo de colaboración solicitarano por escrito á Axencia Tributaria facendo constar os datos identificativos completos da entidade e da persoa que actuará en representación desta na firma do convenio, o ámbito territorial de actuación da entidade e unha descrición das actividades desenvolvidas.A solicitude poderá dirixirse ao Delegado da Axencia Tributaria correspondente ao domicilio da entidade interesada.

A Axencia Tributaria, á vista da solicitude recibida, iniciará os trámites necesarios para a subscrición do acordo.

Unha vez subscrito o acordo de colaboración, a entidade, no caso de asociacións e colexios de profesionais que exercen a súa actividade no ámbito da xestión tributaria, comunicará á Axencia Tributaria a relación dos profesionais colexiados ou asociados.