Quen pode realizar a Presentación Electrónica de Declaracións?

    • Calquera persoa ou entidade pode presentar por vía electrónica as súas propias declaracións, ou apoderar a un terceiro para que o faga (en todo caso o apoderamento debe figurar inscrito no Rexistro de apoderamentos da Axencia Tributaria).
    • Tamén poden presentar declaracións por vía electrónica en representación de terceiras persoas:
      • As entidades que teñan subscrito coa Axencia Tributaria un Acordo de Colaboración neste sentido.
      • Os profesionais asociados ou colexiados a entidades con acordo, sempre que subscriban un documento individualizado de adhesión ao contido deste.

      En todo caso será necesario que a entidade con acordo integre como asociados ou colexiados profesionais que se dediquen habitualmente a prestar sevicios de carácter tributario.

    É requisito imprescindible para poder realizar a presentación por esta vía que a persoa ou entidade dispoña dun certificado electrónico emitido por unha autoridade de certificación recoñecida pola Axencia Tributaria.

    Información relacionada: