Información xeral do proxecto

QUE É DIVA?

DIVA é o sistema desenvolvido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria española, para a dixitalización do selado da proba de saída de TAX FREE. A alfándega española poderá selar de forma electrónica as facturas/ formularios de reembolso presentados polos viaxeiros no momento de saída da Unión Europea, segundo dispón o artigo 21.2º A) da Lei 37/1992, reguladora do Imposto sobre o Valor Engadido.

Dende 1 de xaneiro de 2019 é o único sistema válido para a devolución de IVE de viaxeiros por compras realizadas en España.

CALES SON AS VANTAXES DUN SISTEMA ELECTRÓNICO?

  1. Para o viaxeiro

    O procedemento de devolución é máis áxil con DIVA.A Axencia Tributaria, ao dispoñer de forma anticipada da información das vendas tax free, poderá efectuar os seus controis máis eficazmente, minorando por conseguinte o tempo de espera no punto de selado.

  2. Para o comerciante

    Permite o fomento das vendas, polo valor engadido que o DIVA dá aos seus clientes.

    Ten maior seguridade e trazabilidade en todo o proceso, posto que os seus documentos de reembolso de IVE están dispoñibles directamente no sistema da Administración. 

  3. Para a autoridade aduaneira:

    Permite facer unha mellor xestión dos riscos, de tal maneira que se favoreza o uso lícito desta vantaxe fiscal.

INFORMACIÓN ESPECÍFICA