Preguntas frecuentes

  • Que modelo debo utilizar para presentar pagamentos fraccionados no 2016?


    Para a presentación do modelo de pagamentos fraccionados no exercicio 2016, existen dous modelos distintos, tanto do pagamento fraccionado do réxime xeral (modelo 202), coma do pagamento fraccionado do réxime de tributación de grupos de sociedades (modelo 222).

    A utilización estes modelos dependerá da data de inicio do período impositivo da entidade.

    • Para períodos impositivos que se inician no 2014, deberanse utilizar os modelos de pagamentos fraccionados que figuran na sede electrónica, en “Presentación de exercicios  anteriores”, debendo de seleccionarse neste caso o correspondente a 2014.(Pagamentos fraccionados conforme ao modelo 202 aprobado pola Orde HAP/2055/2012, de 28 de setembro e o modelo 222, conforme á Orde EHA/1721/2011, do 16 de xuño).

    • Para períodos impositivos que se inician no 2015, deberanse utilizar os modelos de pagamentos fraccionados que figuran na sede electrónica, en “Presentación de exercicios  anteriores”, debendo de seleccionarse neste caso o correspondente a 2015.(Pagamentos fraccionados conforme ao modelo 202 aprobado.(Pagamentos fraccionados conforme ao modelo 202 ou o modelo 222 aprobados pola Orde HAP/523/2015, do 25 de marzo).

    • Para períodos impositivos que se inician no 2016, deberanse utilizar os modelos de pagamentos fraccionados que figuran na sede electrónica, en “Presentación exercicio 2016 e seguintes”. (Pagamentos fraccionados conforme ao modelo 202 ou o modelo 222 aprobados pola Orde HAP/523/2015, do 25 de marzo).

  • Como se enchen os apartados “Exercicio de devindicación” e “Período” no 2016?


    Ao cumprir o modelo de pagamentos fraccionados no 2016, os apartados “Exercicio de devindicación” e “Período” deberanse cumplimentar do seguinte xeito:

    • No apartado “Exercicio de devindicación”, deberá de figurar:2016,

    • e no apartado “Período”, deberá de figurar:

      • 1P – se é abril

      • 2P – se é outubro

      • e 3P – se é decembro