Información de casos de Phishing

Nesta canle encontrará información sobre os casos detectados de intento de suplantación da imaxe da Axencia Tributaria mediante correos electrónicos e SMS falsos.

  • Estanse a producir campañas de envío de mensaxes por correo electrónico e SMS falsas que suplantan a identidade da Axencia Tributaria.  

    O obxectivo dos delincuentes é roubar á vítima datos persoais ou bancarios, xa for remitíndolle a unha páxina web falsa que suplanta á da Axencia Tributaria ou facéndolle descargar ficheiros con virus.  

    Non atenda esas mensaxes, é un intento de fraude que suplanta a imaxe da Axencia Tributaria. 

    Non é a primeira vez que se utiliza este tipo de correos ou SMS, por este motivo, a concienciación e a información dos cidadáns é esencial.Recomendámoslles: 

    • Non abrir mensaxes de usuarios descoñecidos ou que non solicitase, elimíneos directamente. 
    • Non contestar en ningún caso a estas mensaxes. 
    • Precaución ao seguir enlaces en correos aínda que sexan de contactos coñecidos. 
    • Precaución ao descargar ficheiros adxuntos de correos aínda que sexan de contactos coñecidos. 

    A Axencia Tributaria insiste en que nunca solicita por correo electrónico ou SMS información confidencial, económica ou persoal, números de conta nin números de tarxeta dos contribuíntes nin adxunta anexos con información de facturas ou outros tipos de datos.

  • Consulte exemplos destas campañas de suplantación da Axencia Tributaria
  • Denuncie se recibiu mensaxes deste tipo
  • RSS
  • Mapa web
  • Accesibilidade
  • Axuda