Que datos se certifican?

Os feitos ou datos que se certifiquen referiranse exclusivamente ao obrigado tributario ao que se refire o certificado tributario, sen que poidan incluír nin referirse a datos relativos a terceiros.

Non se certificarán datos relativos a obrigas tributarias respecto das cales prescribise o dereito da Administración para determinar a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación.

Tampouco se expedirá certificado sobre o cumprimento de obrigas tributarias en tanto non vencese o prazo voluntario para o seu cumprimento.