Que acreditan os certificados tributarios?

Os certificados tributarios poderán acreditar, entre outras circunstancias, a presentación de declaracións, autoliquidacións e comunicacións de datos ou extremos concretos contidos nelas, a situación censal, o cumprimento de obrigas tributarias e a existencia ou inexistencia de débedas ou sancións pendentes de pagamento que consten nas bases de datos da Administración tributaria.