Validez dos certificados tributarios.

Salvo que a normativa especifica do certificado tributario estableza outra cousa distinta, os certificados tributarios terán validez durante 12 meses a partir da data da súa expedición mentres non se produzan modificacións das circunstancias determinantes do seu contido, cando se refira a obrigas periódicas, ou durante tres meses, cando se refira a obrigas non periódicas.