Solicitude e recollida inmediata de certificados de Renda

  • Sen necesidade de desprazarse ás oficinas da Axencia Tributaria pode solicitar e recoller de forma inmediata certificados de Renda. O acceso pode realizarse a través da seguinte ruta:

    https://www.agenciatributaria.gob.es/Procedimientos, Servizos e Trámites (Información e Registro)/Certificaciones/Declaraciones tributarias/Expedición certificados tributarios IRPF/Trámites/solicitude e recollida inmediata

    Aparecerá un despregable no que deberá indicar o tipo de acceso (ou de firma electrónica) con que solicitará e recollerá o certificado:

    • Certificado electrónico ou DNIe
    • Cl@ve PIN
    • Outros sistemas de identificación

    A continuación detállanse os pasos para obter o certificado co tipo de acceso "Outros sistemas de identificación":

    1. Consigne o NIF
      Se foi declarante de renda no exercicio fiscal que solicita o certificado, debe achegar o valor da casa que se indica para cada ano. Ejemplo: se solicita certificado de IRPF 2011 deberá achegar o importe da casa 620 da súa declaración de IRPF 2011. Se o valor da casa correspondente fose cero, solicitaráselle un código de conta bancaria na que figure como titular.

      Se NON presentou declaración, deixe o valor da casa sen contido. No seu lugar solicitaráselle posteriormente un código de conta bancaria na que figure como titular.

      En calquera dos dous casos, valide a solicitude.

    2. A continuación, introduza un número de teléfono móbil. Valide a solicitude.
    3. A Axencia Tributaria enviaralle a este móbil un SMS co número (o Código Seguro de Verificación- CSV) do certificado de IRPF
    4. Confirmada a solicitude, preséntaselle unha pantalla cos datos desta e un recadro para consignar o CSV que acaba de recibir no móbil. Tecleado o CSV, marcando o recadro “Consultar Certificación” xa pódese descargar / imprimir o certificado de IRPF
  • Vídeo explicativo para a solicitude