Contido dos certificados tributarios.

Os certificados tributarios conterán, polo menos, os seguintes datos e circunstancias:

  • Nome e apelidos ou razón social ou denominación completa, número de identificación fiscal e domicilio fiscal do obrigado tributario.
  • As circunstancias, obrigas ou requisitos que deban ser certificados.
  • A inexistencia da información que se solicita nas bases de datos da Administración tributaria ou a improcedencia de subministrar a devandita información, cando esta non se poida certificar.
  • Lugar, data e firma do órgano competente para a súa expedición e o código seguro de verificación.