Certificados tributarios que poden ser solicitados por Internet

  • A solicitude de certificados tributarios a través da Sede electrónica da Axencia Tributaria realizarase na seguinte ruta, utilizando os trámites asociados a cada tipo de certificado:

    • Sede electrónica
    • Procedementos, Servizos e Trámites (Información e Rexistro), 
    • Certificaciones  

    En xeral, a solicitude de certificados tributarios dende a Sede electrónica da Axencia Tributaria requiriu a identificación do solicitante mediante algún sistema de firma electrónica avanzada (certificado electrónico ou DNI electrónico).Non obstante, cada vez son máis os certificados que se poden solicitar tamén con algún sistema de firma electrónica non avanzada, por exemplo con Cl@ve PIN. Tamén é posible a solicitude e recollida inmediata (online) de certificados de IRPF sen necesidade de dispoñer de certificado electrónico, achegando os datos que se  solicitan e un número de teléfono móbil ao que a Axencia Tributaria lle remitirá un SMS co Código Seguro de Verificación (CSV).Co devandito CSV poderá descargar e imprimir o certificado de IRPF.

    A solicitude de certificados tributarios utilizando algún dos sistemas de firma electrónica citados no parágrafo anterior implica, con carácter xeral, que estes se van xerar de forma inmediata, polo que se o resultado do certificado é positivo, se poderá descargar de forma inmediata. 

    Se desexa recuperar certificados xa expedidos, debe utilizar a opción "Consulta de certificacións xa expedidas". 

    Tamén, sen necesidade de dispoñer de firma electrónica avanzada ou Cl@ve PIN poderá solicitar  os seguintes certificados tributarios a través da Sede electrónica da Axencia Tributaria:

    • Contratistas e subcontratistas
    • Certificados de Renda 
    • Certificado de Operador Intracomunitario 

    Deberá introducir os datos que se lle solicitan en cada caso concreto e, unha vez que o certificado sexa emitido, enviarase ao domicilio consignado para os efectos de notificacións/domicilio fiscal, ou ao seu domicilio electrónico se se tivese subscrito ao servizo de notificacións electrónicas en Enderezo Electrónico habilitado.

    Ademais para a solicitude de certificados tributarios por Internet a través da Sede electrónica da Axencia Tributaria, pode actuar representado por apoderado ou colaborador social.

  • Normativa colaboración social:
    • Resolución de 18 de septiembre de 2009, del Director General de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifica la Resolución de 29 de mayo de 2006, de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se establecen los supuestos y condiciones en que podrá hacerse efectiva la colaboración social en la aplicación de los tributos, para la solicitud y obtención de certificados tributarios.
    • Boletín Oficial del Estado en nueva ventanaResolución de 12 de enero de 2018,

      de la Dirección General de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifica la de 29 de mayo de 2006, por la que se establecen los supuestos y condiciones en que podrá hacerse efectiva la colaboración social en la aplicación de los tributos, para la solicitud de certificados tributarios.

       (BOE, 23-enero-2018)