Diferenza entre un certificado en tarxeta criptográfica e un certificado en software

Ademais do tipo de soporte, a diferenza práctica reside no lugar no que se almacenará a clave privada.

Se o certificado se solicita en tarxeta, a clave privada non poderá exportarse polo que se considera un medio máis seguro pero co inconveniente de que non se poderá crear unha copia de seguridade.

Se se solicita un certificado software, o certificado queda no navegador, e poderá exportarse xunto coas súas claves e polo tanto poderase realizar unha copia de seguridade.