Pode un menor de idade ser titular dun certificado electrónico? 

Hai que distinguir entre certificados en tarxeta (certificados hardware) como é o caso do DNIe e certificados en navegador (certificados software) como os xerados pola FNMT.

DNIe:

O artigo 1.4 do Real Decreto 1553/2005, do 23 de decembro, que regula a expedición do documento nacional de identidade e os seus certificados de firma electrónica  permite aos españois maiores de idade e con plena capacidade de obrar, a identificación electrónica do seu titular así como realizar a firma electrónica dos seus documentos.Para o caso dos españois menores de idade, ou que non gocen de plena capacidade de obrar, establece que o DNIe conterá unicamente a utilidade da identificación electrónica, para o que se emitirá co respectivo certificado de autenticación activado.  

Polo tanto, co DNIe o menor de idade poderá acreditar a súa identidade por medios telemáticos, pero non terá capacidade para realizar a firma electrónica.

Certificados software:

Os certificados só poderán solicitalos os maiores de 18 anos ou menores emancipados, e segundo as consideracións seguintes:

Expedición de certificados a menores de idade

  1. A maioría de idade é:
    1. Para españois:18 anos
    2. Para estranxeiros:entre 18 e 21 anos.En caso de dúbidas, o solicitante deberá achegar a acreditación da súa maioría de idade, segundo o país de orixe, mediante certificado da súa embaixada ou consulado.
  2. Menores emancipados.Poden solicitar o certificado, pero han de acreditar a súa emancipación:
    1. Españois:certificado literal do Rexistro Civil
    2. Para estranxeiros:entre 18 e 21 anos.Segundo o país de orixe, mediante o certificado correspondente da súa embaixada ou consulado.

Polo tanto, un menor de idade non pode ser titular dun certificado electrónico salvo os supostos de emancipación debidamente acreditados.