Outras cuestións técnicas

Para a renovación telemática dun certificado é imprescindible a autenticación do mesmo. O mecanismo utilizado para a autenticación telemática dos usuarios é a sinatura electrónica. Polo tanto, para que se poida completar o proceso, é imprescindible que as ferramentas utilizadas polo usuario sexan capaces de realizar esta sinatura electrónica, e isto debe ser independente do sistema operativo e do navegador utilizado.

Na renovación de certificados electrónicos o protocolo de envío de datos e o formato de sinatura electrónica son formatos estándar, independentes do sistema operativo e do navegador utilizado. En concreto, para a transmisión se utiliza http, e o formato de sinatura electrónica é CMS.

O estándar http está definido en http://www.ietf.org/rfc/rfc2616.txt (RFC2616) e CMS en http://www.ietf.org/rfc/rfc2630.txt (RFC2630). Ambos os dous son estándares de facto, definidas polo grupo de traballo de enxeñaría de Internet (Internet Engineering task Horce IETF), encargado de definir as normas de Internet.

Doutra banda, para realizar a sinatura electrónica, é necesario que a aplicación (navegador) que utilice o usuario poida realizar operacións de sinatura electrónica. Esta funcionalidade a teñen as versións estables dos navegadores Internet Explorer 5.5, Mozilla 1.7, Netscape 7.2, Firefox 1.0 e posteriores.

A funcionalidade da sinatura electrónica se suprimó en versións posteriores do navegador Netscape, e en navegadores que herdaron parte do código Netscape (como Mozilla), non se incluíu a funcionalidade de sinatura electrónica ata a versión 1.7 (en concreto a beta 2). A partir da versión 1.7 de Mozilla a aplicación de petición de certificado de usuario, a de modificación de datos persoais e a de renovación de certificados electrónicos funcionan con Mozilla 1.7, e polo tanto, tamén con todos os sistemas operativos aos que se portou este navegador (Linux incluído).