Información adicional sobre renovación de Certificados

Dependendo da Autoridade de Certificación e do tipo de certificado este poderá ser renovado telematicamente (nalgúns casos non poderá sero).

En todo caso, os pasos concretos para renovar un certificado dependen da Autoridade de Certificación que o emitise.

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) só permite a renovación telemática dos certificados de persoa física e de representante para administradores únicos e solidarios. O antigo certificado que se procedeu a renovar seguirá sendo válido ata que caduque. En caso de solicitarse a revogación do certificado, a FNMT procederá a revogar ambos os dous certificados.