Obtención dun certificado electrónico en soporte software

Os pasos concretos a seguir dependerán da autoridade de certificación que elixamos para emitir noso certificado. Consulte a páxina web daquela que elixiu. Lembre que para as relacións tributarias coa Axencia Tributaria debe ser unha das Autoridades de Certificación admitidas, que encontrará en "Entidades emisoras de certificados electrónicos acreditadas pola AEAT ".

Así para a obtención dun certificado en soporte software, no caso da autoridade de certificación da FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) os pasos son:

  • Solicitude do certificado vía Internet.
  • Acreditación da identidade ante algunha das oficinas de rexistro establecidas pola Autoridade de Certificación. A documentación a achegar na acreditación dependerá do tipo de certificado solicitado.
  • Descarga do certificado vía Internet.
  • Realizar copia de seguridade do certificado.