Como importar un certificado dende Mozilla Firefox

É posible que, para importar un certificado en Firefox, sexa necesario que a copia de seguridade se realizase con contrasinal de respaldo.Este requirimento dependerá da versión de Firefox que teña instalada.Para importar a copia, siga as seguintes indicacións:
  • Acceda a "Ferramentas", "Opcións", "Avanzado" e seleccione a pestana "Cifrado.Comprobe que a opción "Preguntarme cada vez" estea tamén marcada.
  • Pinche en "Ver certificados" e despois no botón "Importar".A icona dunha copia válida será un sobre amarelo aberto cun certificado verde asomando e unha chave e a extensión ".PFX"  ou ".P12".Selecciónea dende a situación na que estea gardada e pique no botón "Abrir" da ventá "Nome do arquivo a restaurar".
  • É posible que o navegador lle pida que introduza o contrasinal mestre.Teña en conta que, se decide establecela e nun futuro non a recorda, isto podería causala perda do certificado.Se non aparece ningunha mensaxe sobre o contrasinal mestre, siga adiante.
  • Se estableceu algún contrasinal de respaldo ao xerar a copia de seguridade, mostrarase unha nova ventá na que se lle solicitará que a introduza.Se non introduciu ningunha, deixe o recadro en branco e pique en "Aceptar".
  • Se todo é correcto, aparecerá a mensaxe "Restauráronse satisfactoriamente...".
Para o correcto funcionamento do seu certificado na web da Axencia Tributaria é necesario ter o seu navegador cunha configuración determinada e o certificado raíz da entidade certificadora instalado.

Pode consultar o Manual "Xestor de certificados en Mozilla Firefox", no que se facilita información adicional sobre esta configuración e a instalación do certificado raíz da entidade emisora do seu certificado.