Que é exportar un certificado

Os certificados poden residir nunha tarxeta criptográfica, ou ben no navegador do usuario (soporte software) Neste caso, o certificado electrónico débese exportar a un dispositivo USB ou outro medio de almacenamento, para ter unha copia de seguridade, xa que a reinstalación de sistema operativo ou de navegadores pode levar á súa perda.

Tamén pode exportarse para simultanear o seu uso noutros equipos ou navegadores.