Como exportar un certificado dende Safari

Safari non xestiona certificados de usuario, polo que non poderá utilizalo na páxina da Axencia Tributaria naqueles trámites que requiran identificación cifrada.Polo tanto, necesitará intentar obter unha copia do seu certificado para instalala nun navegador compatible.

Comprobe que en "Finder", "Aplicacións", "Utilidades", "Acceso a Chaves", no apartado "Os meus certificados", aparece o certificado descargado para intentar exportalo.Para iso seleccione o certificado e pique en "Arquivo", "Exportar elementos", introduza un nome, unha situación e en formato de arquivos seleccione "Intercambio de información persoal (.p12)" e "Gardar".

Este ficheiro xerado poderá importalo a Mozilla Firefox, que é o navegador recomendado para traballar coa Axencia Tributaria.Se non puido exportar o certificado ou non lle funciona correctamente, terá que volver solicitar o certificado pero utilizar Mozilla Firefox.