Como exportar un certificado desde Internet Explorer

Para realizar unha copia de seguridade de seu certificado válido desde Internet Explorer:

  • Acceda a "Ferramentas", "Opcións de Internet". Pinche na pesataña superior "Contido" e, a continuación pulse en "Certificados". Na pestana "Persoal", seleccione o certificado correspondente e pulse o botón "Exportar". Se executará o asistente de exportación dos certificados que lle guiará no proceso. "Seguinte".
  • Seleccione a opción "Exportar a clave privada". "Seguinte". 
  • Se o desexa, pode establecer unha contrasinal que o asistente lle solicitará posteriormente cando realice a importación do certificado. Se decide introducir unha contrasinal debe ter en conta que se a esquece non poderá recuperar a copia e isto pode supor que teña que solicitar un novo certificado. Se non desexa establecer ningunha, deixe o campo en branco e pinche en "Seguinte".
  • Pulse en "Examinar". Seleccione a situación en que desexa gardar a copia e poña nome ao arquivo que se vai a xerar. Pinche en "Gardar" e logo en "Seguinte".
  • Se mostrará un resumo coas opcións escollidas. Pinche en "Finalizar"

Se ten problemas no proceso de exportación do certificado, pode dirixirse ao apartado de Incidencias máis frecuentes do menú de certificados electrónicos.