Como exportar un certificado desde Google Chrome

Para exportar o certificado

  • Acceda ao botón situado na esquina superior dereita, que dá acceso a Personalización e configuración de Google Chrome. Seleccione a opción Configuración e posteriormente a opción Mostrar opcións avanzadas...
  • Deberá desprazarse pola páxina ata chegar ao apartado HTTPS/SSL, xusto debaixo do apartado Descargas. Observará o botón Administrar certificados..., desde onde poderá importar, comprobar e exportar certificados. Acceda á opción Exportar. Seleccione o certificado e Seguinte. A continuación se lle preguntará se desexa exportar a clave privada canda o certificado; para a realización de trámites co certificado é conveniente que seleccione esta opción. Pulse Seguinte e na pantalla que vén a continuación deixe todo como aparece por defecto. Pulse Seguinte.
  • A continuación poderá establecer unha contrasinal, o que é moi recomendable. En todo caso lembre que necesitará a contrasinal para importar posteriormente o certificado. Pulse Seguinte.
  • Pulse Examinar, poña nome ao arquivo, elixa seu situación e pulse Finalizar.