Eliminar certificado software pola consola MMC

Outro xeito de eliminar certificados caducados desde Windows 2000 ou Windows XP é o seguinte:

  • Pinche en Inicio/Executar.
  • Escriba: mmc e pulse "Aceptar".
  • Na consola pulse no menú Arquivo ou Consola (depende do sistema operativo).
  • Seleccione "agregar ou tirar complemento".
  • Na xanela que aparece pulse o botón "Agregar". Pinche en "certificados".
  • Agregar.
  • Seleccione "Meu conta de usuario" en caso de non estar marcada, xa que adoita estar marcada por defecto.
  • Finalizar.
  • Pulse "pechar" na xanela que ten diante e "aceptar" en que aparecerá a continuación.Volverá á xanela de Raíz de Consola.
  • Poderá comprobar que agora na parte esquerda da xanela ten unha nova opción que se chama "Certificados" e que se pode despregar.
  • Despregue a carpeta "Certificados" e entre na que di "Persoal". Na parte dereita aparecerán tantos certificados como teña instalados no navegador, incluídos os que non vexa ou teña caducados.
  • Pulse enriba de que desexe eliminar co botón dereito do rato e seleccione "Eliminar". Despois de tirar os que non desexe proceda a pechar a xanela da consola MMC e probar de novo o acceso vía Web á opción que anterioirmente daba erro.