Documentación acreditativa no caso de certificado de persoa física

A autoridade certificadora establece a documentación que o solicitante debe presentar para a acreditación da identidade. Habitualmente, esta información está publicada na web da entidade emisora do certificado.

No caso dos certificados electrónicos emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, a AEAT actúa como Oficina de Rexistro para a acreditación da identidade (en ningún caso é emisora do certificado electrónico). Os cidadáns non residentes en territorio español poderán xestionaro a través das Oficinas Consulares de España no estranxeiro, sen necesidade de realizar un desprazamento a España.

Para os certificados de usuario de persoa física emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), o solicitante deberá achegar a seguinte documentación:

  • Tarxeta ou documento acreditativo do número de identificación fiscal, atribuído pola Administración española (DNI, NIE, NIF L, NIF K ou NIF M).

Para máis información, pode visitar a páxina da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre: