Acerca desta Axuda

  • Nos apartados que se inclúen a continuación se trata de explicar todo o relativo aos certificados electrónicos, en concreto:

    • Que é un certificado electrónico.
    • En que servizos da Axencia Tributaria (AEAT) pode empregaro.
    • Que debe facer para obter un certificado electrónico.
    • Cales son as operacións de uso propias do ciclo de vida do certificado e que pode necesitar levar a cabo.
    • Algúns dos erros máis frecuentes cando tratamos de obter un certificado, acceder a algún servizo con el, ou realizamos algunha operación propia de seu ciclo de vida.
    • Ligazóns ás normas legais que regulan o uso dos certificados electrónicos.

    Por veces, os detalles dos aspectos aquí presentados dependen do certificado concreto adquirido e da Autoridade de Certificación (AC) que o emita. Dado o número de Autoridades de Certificación non é posible facer un seguimento exhaustivo da casuística de cada unha delas.

    Se dá unha visión o máis xeral posible, tomando como exemplo os certificados emitidos pola Autoridade de Certificación da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), tendo en conta que a Axencia Tributaria actúa como Oficina de Rexistro para a acreditación da identidade dos mesmos (en ningún caso é emisora do certificado electrónico). Por iso se recomenda acudir tamén ao portal web, ou calquera outro punto de contacto, da Autoridade de Certificación elixida.

  • Entidades emisoras de certificados electrónicos.