Guía de navegación

cabeceira

GUÍA DE NAVEGACIÓN

A Sede electrónica da Axencia Tributaria organizou os seus contidos e o seu sistema de navegación tendo en conta as recomendacións sobre comprensión, usabilidade e accesibilidade para os usuarios.

Existen trámites que precisan dalgún sistema de firma electrónica, xa sexa firma electrónica avanzada (certificado electrónico ou DNI electrónico), ou ben algún outro sistema de firma electrónica non avanzada, por exemplo o Cl@ve PIN, antigo PIN24H. Ao lado de cada un dos trámites colocaranse algunhas das iconas seguintes, que indicarán o tipo de firma electrónica requirida:

tipos de acceso

ESTRUTURA E NAVEGACIÓN

As páxinas seguen a estrutura dos contidos que aparecen na páxina de inicio e que se expoñen con maior detalle no mapa web.

Na Sede electrónica da Axencia Tributaria existen varios tipos de contidos diferenciados que marcarán en cada caso o sistema de navegación.

PÁXINA DE INICIO

A páxina de inicio presenta a seguinte organización:

  1. ZONA SUPERIOR

    IMAXE INSTITUCIONAL

    Na parte esquerda figurarán os logotipos de Goberno de España, da Axencia Tributaria ademais do específico da súa Sede electrónica.

    cabeceira

    IDIOMAS

    Na parte superior dereita da cabeceira sitúase o acceso ao contido da Sede electrónica en castelán, linguas cooficiais e inglés.

    idiomas

    DATA E HORA OFICIAL

    Información sobre data e hora oficial na Sede electrónica da Axencia Tributaria, así como información do calendario de días inhábiles do ano en curso no ámbito da Administración Xeral do Estado

    MAPA WEB

    Neste apartado figura unha relación completa de todos os contidos existentes na Sede electrónica no seu primeiro, segundo e terceiro nivel de navegación.

    mapa web

    AXUDA

    Neste apartado ofrécese a axuda para a navegación pola Sede electrónica, que inclúe unha Guía de navegación e vídeos explicativos, así como a especificación de formatos e tamaño da documentación admitida por Internet

    CARRUSEL DE NOVIDADES

    Ofrécese información sobre as novidades máis destacadas na Sede electrónica.

    BUSCADOR

    Esta ferramenta serve para encontrar contidos tanto no portal de Internet coma na Sede electrónica.

  2. ZONA ESQUERDA

    TODOS OS TRÁMITES

    Organízanse nesta área os distintos procedementos e servizos da Axencia Tributaria que prevén a súa tramitación electrónica. No último nivel de navegación pódese acceder aos trámites electrónicos de cada un deles, a ficha informativa do procedemento ou servizo e  a ayuda dispoñible. Pode utilizar o buscador que figura na parte superior do apartado para a súa localización directa. O acceso ao rexistro de documentos electrónicos efectúase a través do trámite asociado a un procedemento ou servizo.

    tramites

    todos os trámites

    Creáronse dous espazos diferenciados para acceso exclusivo de colaboradores sociais e das Administracións públicas.

  3. ZONA CENTRAL

    REXISTRO ELECTRÓNICO

    A través deste apartado poderá acceder ao Rexistro electrónico por dúas vías: mediante a opción "Contestar requirimentos ou presentar documentación relacionada cunha notificación recibida da Axencia Tributaria" ou mediante a opción "todos os trámites".

    CAMPAÑAS DESTACADAS

    Neste apartado poderase acceder ás campañas tributarias máis activas en cada momento.

    TRÁMITES DESTACADOS

    Poderá acceder dende este segmento aos trámites electrónicos máis utilizados por persoas físicas ou xurídicas. En todo caso, poderá acceder á totalidade dos trámites electrónicos a través do apartado “todos os trámites”.

    tramites destacados

  4. ZONA DEREITA

    os meus expedientes

    Poderá coñecer o estado de tramitación de todos os seus expedientes correspondentes aos procedementos cuxa tramitación se iniciase con posterioridade a 1 de xaneiro de 2010, así como realizar os trámites e as consultas previstas. Será necesario disponer de DNI electrónico o de certificado electrónico expedido por cualquier entidad autorizada.

    os meus datos censais

    Este apartado permite o acceso, mediante certificado electrónico válido, aos datos censais do usuario que figuran nos arquivos da Axencia Tributaria.

    as miñas notificacións

    Neste apartado poderá acceder á consulta das súas comunicacións e notificacións utilizando o tipo de acceso esixido en cada caso.

    INFORMACIÓN

    É unha área na que se pode navegar polos distintos servizos de información que afectan a Sede electrónica e ás relacións do usuario coa Axencia Tributaria. Existen apartados meramente informativos como a carta de servizos, normativa da Sede e o calendario do contribuínte e outros de subscrición como o servizo de alertas a móbiles.

    información

    CONTACTE CONNOSCO

    Pode acceder dende este apartado ás distintas opcións de comunicación coa Axencia Tributaria. Ofrécense dende as direccións e teléfonos das oficinas da Axencia, consultas informáticas, denuncias, caixa de correo de suxestións e solicitude de cita previa.

    contacte connosco

    ENLACES

    Relacionouse unha serie de enlaces útiles que permitirán acceder de forma agrupada a outras páxinas alleas á Sede electrónica, pero que teñen relación con ela ou son consideradas interesantes para o usuario.

    enlaces

    TABOLEIRO DE ANUNCIOS

    A estrutura recolle as distintas opcións que poden resultar de interese para o usuario no que se refire ás posibles comunicacións que o afecten nas súas relacións coa Axencia Tributaria. Pódese acceder ás notificacións electrónicas, aos anuncios de citación para notificación por comparecencia e aos anuncios do apartado “perfil do contratante”.

    taboleiro de anuncios

    UTILIDADES

    Agrúpase o acceso a diferentes ferramentas que poden resultar útiles ao usuario. Seleccionáronse como fundamentais os accesos á firma electrónica necesarios para navegar por unha gran parte da Sede electrónica e a algunhas das aplicacións máis demandadas como son a solicitude de etiquetas, os simuladores e tamén un enlace á descarga dos programas de axuda.

    utilidades

    ACCESO AO "CONSELLO PARA A DEFENSA DO CONTRIBUÍNTE"

    Dende este punto accédese ao formulario para interpoñer queixas e suxestións ante o Consello para a Defensa do Contribuínte.

    consello defensa do contribuínte

  5. ZONA INFERIOR

    zona inferior

    ACCESIBILIDADE

    A través deste enlace accederá a toda a información sobre accesibilidade que afecta esta Sede electrónica.

    AVISO DE SEGURIDAD

    Ofrece información de riscos de seguridade detectados e de estratexias para mitigalos.

    AVISO LEGAL

    Ofrece información, entre outros aspectos, das condicións xerais de uso da Sede electrónica, os dereitos da propiedade intelectual e a política de privacidade.

    Así mesmo, repítense accesos situados na parte superior da páxina do inicio da Sede electrónica como a data e hora oficial, ao mapa web, a axuda e o selector de idiomas, xunto a un acceso que permite o acceso á Sede electrónica en versión para móbil.

    ICONOGRAFÍA

    O acceso aos distintos tipos de contido existentes na Sede electrónica identificouse mediante as seguintes iconas representativas:

    iconografía