Rendas que non tributan no IRPF.
PRESTACIÓNS OU RENDEMENTOS RELACIONADOS CON SITUACIÓNS DE DISCAPACIDADE QUE NON TRIBUTAN NO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS
- As prestacións económicas recoñecidas pola Seguridade Social:
- Como consecuencia de Incapacidade Permanente Absoluta ou Grande Discapacidade.
- Prestacións familiares reguladas no Capítulo IX, Título II do RD-Lexislativo 1/1994 e as pensións e haberes pasivos a favor de netos e irmáns incapacitados para todo traballo.
- As prestacións que, en situacións idénticas ás anteriores, lle son recoñecidas aos profesionais non integrados no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos polas mutualidades de previsión social que actúen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social mencionado. Así mesmo, terase en conta que a contía exenta ten como límite o importe da prestación máxima que recoñeza a Seguridade Social polo concepto que corresponda. O exceso tributará como rendementos do traballo.
- As pensións por inutilidade ou incapacidade permanente dos réximes públicos de Seguridade Social e Clases Pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que fose causa destas, inhabilite por completo ao perceptor da pensión para toda profesión ou oficio, e as pagadas igualmente polos réximes públicos de Seguridade Social e Clases Pasivas a favor de netos e irmáns menores de 22 anos ou incapacitados para todo traballo.
- As pensións recoñecidas a persoas lesionadas ou mutiladas pola Guerra Civil (1936/1939) do réxime de Clases Pasivas do Estado ou por lexislación específica.
- As cantidades percibidas de institucións públicas con motivo do acollemento de persoas con discapacidade, en modalidade simple, permanente ou preadoptivo ou as equivalentes previstas nos ordenamentos das CCAA.
- As axudas económicas outorgadas por institucións públicas a persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% para financiar a súa estadía en residencias ou centros de día, sempre que o resto das súas rendas non excedan do dobre do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM para 2012: 7.455,14 euros. LÍMITE: 14.910,28 euros).
- As prestacións por desemprego cando se perciban na modalidade de pagamento único, calquera que sexa a contía deste, por traballadores minusválidos que se convertan en traballadores autónomos calquera que sexa a súa contía.
- Os rendementos do traballo derivados das prestacións obtidas en forma de renda polas persoas con discapacidade correspondentes ás achegas ao sistema de previsión social especial constituído a favor destas. Tamén están exentos os rendementos do traballo derivados das achegas a patrimonios protexidos das persoas con discapacidade. O límite anual conxunto desta exención é 3 veces o IPREM. (IPREM para 2012: 7.455,14 euros. LÍMITE: 22.365,42 euros).
- As prestacións económicas públicas vinculadas ao servizo, para coidados no ámbito familiar e asistencia personalizada que deriven da Lei de promoción da autonomía persoal e atención en situación de dependencia.
- Os rendementos do traballo derivados das prestacións obtidas en forma de renda polas persoas con discapacidade correspondentes ás achegas e contruibuciones a sistemas de previsión social constituídos en favor destas, así como os rendementos do traballo derivados das achegas a patrimonios protexidos das persoas con discapacidade ata un importe máximo anual conxunto de tres veces o IPREM (IPREM para 2012: 7.455,14 euros. LÍMITE: 22.365,42 euros).
- Non terán a consideración de renda as cantidades percibidas como consecuencia das disposicións que se fagan da vivenda habitual (hipoteca inversa) por parte das persoas que se encontren en situación de dependencia severa ou gran dependencia, sempre que se leve a cabo de conformidade coa regulación financeira relativa aos actos de disposición de bens para asistir as necesidades económicas de vellez e da dependencia. A exención tamén se aplica cando se transmite a nua propiedade da vivenda habitual, reservándose titular o usufruto vitalicio desta.
- As axudas excepcionais por danos persoais, nos casos de falecemento e os supostos de incapacidade absoluta permanente sufridos polas persoas afectadas polos incendios forestais e outras catástrofes naturais aos que sexa de aplicación o Real Decreto-Lei 25/2012, de 7 de setembro (BOE do 8) e o Real Decreto 1505/2012, do 2 de novembro (BOE do 3).