Deducións Autonómicas

DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS

As seguintes Comunidades Autónomas, cos requisitos que se establecen na súa normativa, aprobaron deducións sobre a cota autonómica do IRPF en materia de discapacidade.

ANDALUCÍA:
  • Os contribuíntes con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % teñen dereito a aplicar unha dedución de 100 € na cota íntegra autonómica, se cumpren os requisitos esixidos. 
  • Os contribuíntes poden deducir da cota íntegra autonómica a cantidade de 100 € por cada ascendente ou descendente que dea dereito a aplicar o mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.
  • Adicionalmente, cando se acredite que as persoas con discapacidade necesitan axuda de terceiras persoas e xeren o dereito a aplicar o mínimo por gastos de asistencia, o contribuínte poderá deducirse o 15 % do importe satisfeito á Seguridade Social en concepto da cota fixa que sexa por conta do empregador, co límite de 500 €. Esta dedución só pode ser aplicada polo contribuínte titular do fogar familiar que conste como tal na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
  • Por axuda doméstica a familias monoparentais con fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada, o 15 % do importe satisfeito polo contribuínte á Seguridade Social correspondente á cotización anual dun empregado do fogar familiar que constitúe unha vivenda habitual cun límite máximo de 250 euros anuais.

ARAGÓN:
  • A dedución de 500 € ou 600 € polo nacemento dun terceiro fillo ou posterior, pode aplicarse a partir do nacemento dun segundo fillo, cando este teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % sempre que se cumpran os requisitos establecidos con carácter xeral.
  • Dedución de 150 € por cada ascendente ou descendente, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, que conviva co contribuínte polo menos durante a metade do período impositivo, se cumpren os requisitos esixidos.

ASTURIAS:
  • Se o contribuínte ou o seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes cos que conviva, son persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 65%, pódese aplicar unha dedución do 3% das cantidades investidas, con excepción dos xuros, na adquisición ou adecuación da súa vivenda habitual no Principado de Asturias, se cumpren os requisitos esixidos.
  • Dedución por familia numerosa de categoría xeral, 505 € e 1.010 € por categoría especial.
  • Dedución de 303 € por familias monoparentais que teñan ao seu cargo fillos maiores de idade minusválidos, tanto por relación de paternidade coma de adopción que convivan co contribuínte e non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 €.

ILLES BALEARES:
  • Por cada contribuínte e, se é o caso, por cada membro da unidade familiar, pódense deducir as seguintes cantidades, se se cumpren os requisitos esixidos:
    80 € por discapacidade física ou sensorial con grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %.
    150 € por discapacidade física ou sensorial con grao igual ou superior ao 65 %.
    150 € con discapacidade psíquica de grao igual ou superior ao 33 %.
  • As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, poden deducir o 15 % das cantidades satisfeitas polo alugamento da súa vivenda habitual, cun máximo de 300 €, se cumpren o resto dos requisitos esixidos.
  • Dedución do 50 % da cota satisfeita polo Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP e AJD) pola adquisición da vivenda habitual por discapacitados con grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, ou ter a condición de familia numerosa.
  • Dedución do 75% da cota satisfeita polo ITP e AJD pola vivenda habitual protexida se a adquisición non goza de exención no devandito imposto e é un discapacitado con grao igual ou superior ao 65% ou ten a condición de familia numerosa.

CANARIAS:
  • Por cada contribuínte minusválido cun grao de discapacidade superior ao 33 %, establécese unha dedución de 300 €. 
  • Na dedución por doazóns en metálico a descendentes ou adoptados menores de 35 anos para a adquisición da súa primeira vivenda habitual, establécense porcentaxes de dedución e contías máximas incrementadas cando o descendente teña unha discapacidade: 
    --2 % da doazón, cun máximo de 480 €, se o grao de discapacidade é igual ou superior ao 33 %, cun límite máximo de 480 euros.
    --3 %, cun máximo de 720 €, se o grao de discapacidade é igual ou superior ao 65 %, cun límite máximo de 720 euros.
  • Por cada fillo nacido ou adoptado que teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, pódese deducir da cota íntegra autonómica, adicionalmente ás cantidades establecidas con carácter xeral, a cantidade de 400 €, se se trata do primeiro ou segundo fillo con esa discapacidade, ou 800 € se se trata do terceiro ou posterior fillo con esa discapacidade, se cumpren os requisitos esixidos.
  • A dedución por familia numerosa é de 500 € para familias numerosas de categoría xeral, ou de 1.000 € para familias numerosas de categoría especial (en lugar dos 200 € ou 400 € aplicables con carácter xeral), cando algún dos cónxuxes ou descendentes con dereito ao mínimo familiar teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
  • Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade establécese a porcentaxe do 0,75%, calquera que sexa o seu importe.
  • Por obras de rehabilitación ou reforma satisfeitas ou executadas entre o 15 de setembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, dedución do 12% das cantidades satisfeitas por discapacidade do contribuínte ou nun parente en liña directa ou colateral consanguínea ou por afinidade ata o terceiro grao e sempre que conviva co contribuínte.

CANTABRIA:
  • Os contribuíntes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% poden aplicar a dedución do 10% por arrendamento da vivenda habitual con independencia da súa idade (con carácter xeral, para poder aplicar a dedución requírese ser menor de 35 anos ou maior de 65), se cumpren os requisitos esixidos.
  • Por cada ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, pode aplicarse unha dedución de 100 €, se cumpren os requisitos esixidos.

CASTELA-A MANCHA:
  • Os contribuíntes cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 %, poden deducirse da cota íntegra autonómica a cantidade de 300 €, se cumpren os requisitos esixidos.
  • Por cada ascendente ou descendente que xere o dereito ao mínimo por discapacidade e que teña un grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 %, pode aplicarse unha dedución de 200 €, se cumpren os requisitos esixidos.
  • Os contribuíntes poden aplicar unha dedución do 1% das cantidades satisfeitas polas obras e instalacións de adecuación da súa vivenda habitual a persoas con discapacidade, se cumpren os requisitos esixidos.
  • Por familia numerosa, cando algún dos cónxuxes ou descendentes teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, 300 euros para familia numerosa de categoría xeral e 900 euros, se é de categoría especial.

CASTELA E LEÓN:
  • Dedución por familia numerosa de 492 € cando algún dos cónxuxes ou descendentes que dean dereito ao mínimo familiar teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
  • Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e menores de 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % aplicarán unha dedución de 300 €. A dedución será de 656 €, se a idade é igual ou superior a 65 anos e o grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, cos requisitos esixidos.
  • Dedución do 10% dos investimentos en obras e instalacións na vivenda habitual de adecuación e accesibilidade de persoas con discapacidade, sempre que estas sexan o suxeito pasivo, o seu cónxuxe ou parente en liña directa ou colateral, consanguínea ou por afinidade ata o terceiro grao inclusive.
  • Por nacemento ou adopción de fillos: a dedución establecida con carácter xeral duplicarase se o nacido ou adoptado ten recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior o 33%. Se ademais residen en municipios de menos de 5.000 habitantes, a contía da dedución incrementarase o 35%.

CATALUÑA:
  • Os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, ou formen parte dunha familia numerosa por ter algúns dos seus membros a condición de discapacitado poden deducir o 10 % das cantidades satisfeitas polo arrendamento da vivenda habitual, ata un máximo de 300 € anuais (600 € en tributación conxunta), se cumpren os requisitos.

ESTREMADURA:

  • Os contribuíntes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, ou formen parte dunha familia numerosa por ter algún dos seus membros a condición de discapacitado, poden deducir o 10 % das cantidades satisfeitas polo alugamento da súa vivenda habitual, co límite de 300 €, se cumpren os requisitos esixidos. Se máis dun contribuínte ten dereito á dedución respecto a unha mesma vivenda, o límite ratéase entre eles. (Para devengos anteriores a 29 de xuño de 2012).
  • Dedución de 100 € a contribuíntes de familia monoparental, con algún fillo incapacitado xudicialmente suxeito a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. (Para devengos anteriores a 29 de xuño de 2012).
  • Por coidados de familiares con discapacidade: ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, pode aplicarse unha dedución de 150 €, se cumpren os requisitos esixidos.

GALICIA:
  • Os importes da dedución por familia numerosa duplícanse cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa aplicable o mínimo familiar teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, fixándose en 500 € ou 800 € segundo a categoría da familia numerosa. Cando se trate de familias numerosas con discapacitados que non alcancen o devandito grao, a dedución será de 250 € se é de categoría xeral e 400 € se é especial.
  • Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % e que precisen axuda de terceiras persoas, poden deducir o 10 % das cantidades que lles satisfagan, co límite de 600 € se cumpren os requisitos.

MADRID:
  • Por acollemento non remunerado de persoas maiores de 65 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % dedución de 900 € se cumpren os requisitos esixidos.

COMUNIDADE VALENCIANA:
  • Por nacemento ou adopción dun fillo cun grao de discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 % ou psíquica en grao igual ou superior ao 33 %, dedución de 224 € polo primeiro fillo con discapacidade e de 275 € polo segundo ou posterior discapacitado.
  • Por familia numerosa, 204 € se é de categoría xeral e 464 € se é especial.
  • Polo propio contribuínte de idade igual ou superior a 65 anos con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, establécese unha dedución de 179 €. Non procederá esta dedución se, como consecuencia da situación de discapacidade considerada no parágrafo anterior, o contribuínte percibe algún tipo de prestación que, de acordo co disposto na normativa estatal reguladora do Imposto sobre a renda das persoas físicas, se ache exenta neste.
  • Por cada ascendente maior de 65 anos cun grao de discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 % ou psíquica de grao igual ou superior ao 33 %, establécese unha dedución de 179 €, se cumpren os requisitos esixidos.
  • Por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade física ou sensorial con grao igual ou superior ao 65 % ou psíquica cun grao igual ou superior ao 33 %, o 5 % das cantidades investidas con excepción dos intereses.
  • Por arrendamento da vivenda habitual, se cumpren os requisitos esixidos, por persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao igual ou superior ao 65 %, ou psíquica cun grao igual ou superior ao 33 %, o 20 % das cantidades satisfeitas, co límite de 612 €. Ademais, se o arrendatario ten unha idade igual ou inferior a 35 anos poderá deducirse o 25 % co límite de 765 €.