Como instalar un certificado electrónico

No caso de certificados software, unha vez descargado o certificado hai que instalalo no navegador. Ás veces a propia aplicación da Autoridade de certificación solicítanos permiso para facelo. A este proceso chámaselle importar o certificado.

Cando o certificado é de tarxeta non é necesario instalar o certificado no navegador. Farase uso del inserindo a tarxeta no lector de tarxetas.

Para coñecer máis sobre iso, vexa o apartado desta Axuda titulada "Como importar un certificado".