
Esta axuda trata de ser un sitio onde o usuario de certificados electrónicos poida coñecer:
En ocasións, os detalles dos aspectos aquí presentados dependen do certificado concreto adquirido e da Autoridade de Certificación (AC) que o emita. Dado o número de Autoridades de Certificación xa acreditados pola Axencia Tributaria (AEAT), non é posible facer un seguimento exhaustivo da casuística de cada unha delas.
Dáse unha visión o máis xeral posible, tomando como exemplo os certificados emitidos pola Autoridade de Certificación da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Por iso se recomenda acudir tamén ao portal Web, ou calquera outro punto de contacto, da Autoridade de Certificación elixida.
Recorde que para as relacións tributarias pode elixir algunha das Autoridades de Certificación acreditadas pola Axencia Tributaria cuxa listaxe encontrará en Entidades Emisoras de Certificados Electrónicos.

