
As páxinas webs da Axencia Tributaria obtiveron a certificación de accesibilidade Euracert, nivel dobre-A, emitida por Technosite, empresa pertencente ao Grupo Fundación ONCE, como entidade certificadora, tras a auditoría realizada o 13/05/2009.
Para garantir que a páxina web da Axencia Tributaria mantén os requisitos de accesibilidade esixidos para ostentar o selo Euracert, Technosite someterá a páxina a revisións de accesibilidade periódicas.
O obxectivo da Axencia Tributaria é ofrecer portais accesibles para todos os cidadáns, de modo que, con independencia á súa discapacidade, á súa idade ou a acceder á Web dende tecnoloxías pouco convencionais, poidan navegar polas páxinas de http://www.agenciatributaria.es sen encontrar dificultades de acceso.
A política de accesibilidade aplicada pola Axencia Tributaria está en liña coas esixencias do Real decreto 1.494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
As páxinas dos portais da Axencia Tributaria cumpren co nivel AA segundo a Norma UNE 139803:2004 e as directrices de accesibilidade para o contido Web 1.0 do W3C.
O portal da Axencia Tributaria está optimizado para unha resolución de 1.024 x 768. Se se dispón dun monitor cunha resolución maior, pode que o tamaño de letra resulte nalgúns casos pequeno. Non obstante, os tamaños das fontes definíronse de forma que sexa posible ampliar ou diminuír o seu tamaño dende as opcións do navegador.
Comprobouse a correcta visualización deste sitio web en diferentes versións dos principais navegadores e en diferentes plataformas. Este portal está optimizado para os navegadores Microsoft Windows Internet Explorer 7 e Mozilla Firefox 1.1, ou versións superiores destes.
Se a pesar do esforzo realizado pola Axencia Tributaria, vostede encontrase na web unha páxina ou documento que non cumprise co establecido, ou ao que non puidese acceder correctamente, ou ben desexase formular calquera queixa, consulta ou suxestión, por favor, fáganolo saber a través dun correo electrónico a sugerencias@correo.aeat.es.

