Política de privacidade

  • Ademais das consideracións realizadas nas Condicións de uso do portal, a política de privacidade de www.agenciatributaria.es baséase en:

    • A solicitude exclusivamente dos datos imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos do portal.
    • O tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co estabelecido pola Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e demais normativas de aplicación.
    • Cookies:
      O Portal da Axencia Tributaria utiliza cookies (arquivos de información que se gardan no ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario. As cookies utilizadas teñen unha vixencia temporal limitada e en ningún caso se usan para recoller información de carácter persoal.
    • Google Analytics:
      1. O sitio web www.agenciatributaria.es utiliza Google Analytics, un servizo prestado por Google, Inc., que permite analizar o uso que fan os usuarios do sitio web, con obxecto exclusivamente estatístico.
      2. Para estes efectos, Google Analytics utiliza cookies. A información que xera a cookie para elaborar a información estatística será transmitida directamente e arquivada por Google. Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando o enderezo IP antes de almacenala, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou solicitar información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información solicitada por Google Analytics a terceiros cando estea legalmente obrigado a iso. Conforme ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará o seu enderezo IP a ningún outro dato conservado por Google.
      3. Se vostede quere denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou a información con Google Analytics, pique aquí. Esta acción establece que non se envíe a información relativa á visita do sitio a Google Analytics. Deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración. Recorde que se borra as cookies deberá volver executar esta acción para volver denegar o permiso, xa que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

    Estas directrices só son de aplicación aos contidos albergados baixo o novo formato de www.agenciatributaria.es