Condicións xerais de uso

  • O uso da información contida neste portal implica a aceptación das seguintes condicións de uso:

    1. Utilización da información contida no portal

    A Axencia Tributaria facilita a consulta libre e gratuíta da información contida no Portal, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que se citen a fonte e a data na que se realizou a copia, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilice directamente con fins comerciais, coa excepción dos conxuntos de datos susceptibles de reutilización e que a Axencia Tributaria publica na súa alínea "Datos abertos (Reutilización da información) " de acordo co establecido na Lei 37/2007 do 16 de novembro, sobre reutilización da información para o sector público e no Real Decreto 1495/2011, que a desenvolve.

    Os textos que se ofrecen no portal teñen carácter meramente informativo, é dicir, carecen de validez xurídica. Para fins xurídicos, deberán consultarse os textos publicados nos boletíns e diarios oficiais.

    O acceso ao portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. A Axencia Tributaria non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidese derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

    2. Calidade da información

    A Axencia Tributaria desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, se é o caso, reparalos ou actualizalos o antes posible; no pode garantir a súa inexistencia nin que o contido da información se encontre permanentemente actualizado.


    A Axencia Tributaria poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

    3. Dispoñibilidade da información

    A Axencia Tributaria non pode garantir plenamente o funcionamento da rede de comunicacións e, polo tanto, non asume responsabilidade ningunha sobre a dispoñibilidade do seu servidor. O servidor poderá ser desconectado sen aviso previo. Faranse todos os esforzos para que o impacto por tarefas de mantemento sexa o mínimo posible. A Axencia Tributaria non se responsabiliza de ningún dano ou prexuízo sufrido polo usuario que se derive do acceso a este servidor ou do uso de información ou aplicacións nel contidos.

    4. Establecementos de hiperenlaces

    4.1. Hiperenlaces do portal a outras páxinas webs

    No portal incluíronse ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros ("links"), a maior parte a páxinas de internet doutras administracións públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. Non obstante, a Axencia Tributaria non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das ligazóns de terceiros aos que se fai referencia no portal.

    4.2. Hiperenlaces dende outras páxinas webs ao portal

    Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a da Axencia Tributaria deberán ter en conta o seguinte:

    1. O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Axencia Tributaria e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da Axencia Tributaria dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Axencia Tributaria autorizou expresamente o hiperenlace nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece o hiperenlace.
    2. A Axencia Tributaria non se responsabiliza en ningún modo nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o estabelecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
    3. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Axencia Tributaria, agás aqueles signos que formen parte da propia hiperligazón.
    4. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco terá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.

    5. Cesión de manuais, programas de axuda e publicacións informativas incluídos no portal

    A Axencia Tributaria autoriza a descarga gratuíta dos manuais, impresos, programas de axuda e publicacións informativas incluídos no portal para os efectos da súa reprodución e distribución, salvo que se indique o contrario de forma expresa no propio portal.

    O cesionario queda autorizado a realizar ao seu cargo as reproducións dos manuais, impresos, programas de axuda e publicacións que se inclúen no Portal que estime convenientes e queda expresamente prohibida calquera alteración ou manipulación destas.

    As reproducións dos manuais prácticos e das publicacións informativas efectuadas polos cesionarios non poderán incluír nas reproducións que realicen para a súa distribución ningún tipo de publicidade, aínda que poderán estampar nas ditas reproducións o seu anagrama e a súa denominación empresarial. Necesariamente deberá constar o seguinte texto "Manual práctico cedido gratuitamente pola Axencia Tributaria" ou "Publicación informativa cedida gratuitamente pola Axencia Tributaria".

    O soporte no que os cesionarios realicen as reproducións dos programas de axuda deberá estar protexido contra gravacións e no caso de que o dito soporte sexa un disquete, non pode conter pestana NNP ou, se é o caso, a pestana debe estar pechada. A presentación externa tanto en formato CD como en disquete e, se é o caso, a funda na que se encontren aloxados deberá conter o anagrama e denominación da Axencia Tributaria e necesariamente o seguinte texto "Programa cedido gratuitamente pola Axencia Tributaria".

    O cesionario realizará a distribución do manual, impreso, publicación ou programa de axuda de forma gratuíta.

    6. Propiedade intelectual

    Os dereitos de propiedade intelectual deste portal de internet, o seu deseño gráfico e os códigos que contén son titularidade da Axencia Tributaria, a non ser que se indique unha titularidade diferente.

    A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual da Axencia Tributaria ou daquel que sexa titular.

    Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por lei.

    A utilización non autorizada da información contida no portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial da Axencia Tributaria poden dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que do devandito exercicio se deriven.