Política de privacidade

Ademais das consideracións realizadas nas Condicións de uso do portal, a política de privacidade de www.agenciatributaria.es baséase en:

  • A solicitude exclusivamente dos datos imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos do portal.
  • O tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co estabelecido pola Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e demais normativas de aplicación.
  • A obtención automaticamente do mínimo de información técnica imprescindible para darlle un bo servizo. Cando vostede se conecta, a Axencia Tributaria analiza exclusivamente o tipo de navegador que está utilizando e a súa versión co obxectivo de seleccionar a folla de estilo máis axeitada e que a visualización do portal sexa correcta, así como o idioma e o xogo de caracteres do seu navegador co mesmo motivo (por exemplo, para que se vexan ben os acentos).
  • A utilización de "cookies" de visita con obxecto exclusivamente estatístico (en concreto, coñecer o número de "visitantes únicos" que ten a nosa web) e que non almacenan máis información que un número de 128 bits xerado aleatoriamente. Se o usuario de www.agenciatributaria.es non desexa aceptar a gravación da "cookie" no seu ordenador, poderá navegar polo portal sen ningún tipo de restrición

Estas directrices só son de aplicación aos contidos albergados baixo o novo formato de www.agenciatributaria.es