- 18-05-2012 Modificacións introducidas polo Real Decreto-Lei 18/2012, do 11 de maio, sobre saneamento e venda dos activos inmobiliarios do sector financeiro.
Infórmase da exención parcial, que se introduce no Imposto sobre sociedades, Imposto sobre a renda das persoas físicas e Imposto sobre a renda dos non residentes, para as rendas derivadas da transmisión de bens inmobles urbanos, que se adquiran a partir da entrada en vigor do Real Decreto-Lei (12 de maio de 2012) e ata o 31 de decembro de 2012, cando se cumpran determinados requisitos.
- 23-04-2012 Declaración especial e outras medidas tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 12/2012
Infórmase sobre as novidades no Imposto sobre sociedades e Imposto sobre a renda das persoas físicas, así como sobre a nova Declaración Tributaria Especial, consecuencia das medidas tributarias e administrativas que se introducen por este Real Decreto-lei, (coas modificacións do RD-lei 14/2012) dirixidas á redución do déficit público.
- 04-01-2012 Novidades tributarias. Real Decreto-Lei 20/2011 de medidas urxentes para a corrección do déficit público.
Infórmase das medidas que afectan á tributación en 2011, así como a partir de 2012, en concepto dos Impostos sobre a renda das persoas físicas, Sociedades, Renda de non-residentes, IVE e Impostos Especiais.
- 01-12-2011 Novidades en obrigas formais Notificacións Modelos 340 e 347. Forma de pagamento de devolucións tributarias.
O 27 de novembro de 2011 entrou en vigor o Real Decreto 1615/2011, do 14 de novembro, polo que se introducen modificacións en materia de obrigas formais no Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, no que se refire á declaración anual de operacións con terceiras persoas (modelo 347), e á declaración de operacións incluídas nos libros rexistro (modelo 340) e modifícase o Real Decreto 1363/2010, do 29 de outubro, polo que se regulan supostos de notificacións e comunicacións administrativas obrigatorias por medios electrónicos no ámbito da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- 19-10-2011 Cuestións referentes ao cálculo dos pagamentos fraccionados do Imposto sobre sociedades segundo o Real Decreto Lei 9/2011.
O 20 de agosto de 2011 entrou en vigor o Real Decreto Lei 9/2011 que modifica, con efectos exclusivos para os períodos impositivos iniciados dentro dos anos 2011, 2012 e 2013, a forma de cálculo da contía dos pagamentos fraccionados para as grandes empresas e establece límites de aplicación temporal á compensación de bases impoñibles negativas procedentes de exercicios anteriores.
- 22-09-2011 Imposto sobre o patrimonio
O Imposto sobre o patrimonio restablécese con carácter temporal para os exercicios 2011 e 2012, devéngase o 31 de decembro de cada un destes exercicios. De tal forma que a presentación da declaración se realizará en 2012 e 2013 nos mesmos prazos que as correspondentes declaracións de IRPF.
- 26-08-2011 Novidades tributarias en IS e IVE
Infórmase de novidades tributarias introducidas en IS e IVE polo Real Decreto-lei 9/2011, do 19 de agosto, de medidas para a mellora da calidade e cohesión do sistema nacional de saúde, de contribución á consolidación fiscal e de elevación do importe máximo dos avais do Estado para 2011.
- 11-07-2011 Medidas fiscais de fomento da actividade económica
Infórmase de novidades tributarias introducidas en IRPF e IS polo Real Decreto-lei 8/2011, do 1 de xullo, acerca da exención de ganancias patrimoniais obtidas na transmisión de accións ou participacións en empresas de nova ou recente creación e medidas de fomento á produción de curtametraxes.
- 12-05-2011 Modificación na dedución por obras na vivenda
Infórmase das principais novidades tributarias introducidas na dedución por obras de mellora polo Real decreto-lei 5/2011, do 29 de abril, de medidas para a regularización e control do emprego somerxido e fomento da rehabilitación de vivendas.
- 01-04-2011 Presentación de autoliquidacións: modelos 111, 210, 211, 213 e 222
Infórmase das principais novidades na forma de presentación dos modelos 111, 210, 211, 213 e do xeito de comunicar as variacións na composición dos grupos fiscais no modelo 222. Estas novidades entran en vigor a partir do 1 de abril de 2011.