A Axencia Tributaria devolveu xa máis de 6.800 millóns de euros a 11 millóns de contribuíntes tras o peche da campaña

Campaña de Renda 2016

  • Xa se rexistraron ata agora 19,4 millóns de declaracións, 450.000 máis que na campaña anterior
  • Máis do 79 %das devolucións e o 68% dos importes solicitados foron xa abonados aos contribuíntes
  • Do total de presentacións, case o 88% se presentaron por internet, 34 puntos máis que fai seis anos, cando se comezaron a reforzar as medidas para potenciar a vía telemática como fórmula principal de presentación
  • ‘RENDA WEB’ e as melloras de anos anteriores permitiron axilizar a campaña de xeito que nos dous primeiros meses se presentaron un 43% máis de declaracións e se aboaron un 35% máis de devolucións que fai seis anos no mesmo tramo de campaña

4 de xullo de 2017.- A Axencia Tributaria devolveu xa 6.818 millóns de euros a 11.087.000 contribuíntes tras concluír a campaña do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondente ao exercicio 2016, de xeito que, nestes momentos, máis do 79 %das devolucións solicitadas e o 68% dos importes xa foron abonados.

Ata o día de onte, a Axencia rexistrara xa 19.398.000 declaracións do Imposto sobre a Renda, o que supón 450.900 máis
que o ano pasado nas mesmas datas. Para a presente campaña estaba prevista a presentación de 19.750.000 declaracións.

Con datos, polo tanto, provisionais, se confirma un novo incremento no número de presentacións por internet, alcanzando a cifra de 17 millóns de declaracións, case o 88% do total. O crecemento do peso de internet sobre o total de presentacións é de 34 puntos, se a comparación se establece coas cifras de fai seis anos (IRPF 2010, presentado en 2011), cando se comezaron a reforzar as medidas para potenciar a vía telemática como fórmula principal de confección e presentación de declaracións.

Aceleración de presentacións e devolucións

A completa implantación este ano de ‘RENDA WEB’ como ferramenta universal que ofrece a Axencia Tributaria para a xestión de todas as declaracións supón a culminación da estratexia iniciada fai seis anos coa posta en marcha do servizo REN0 para a obtención do borrador por internet, e que pretendía unha aceleración das presentacións que facilitase un proceso equivalente nas devolucións, de xeito que máis contribuíntes puidesen presentar antes e obter, polo tanto, con máis rapidez seu devolución.

Así, e tomando como referencia os dous primeiros meses (dous terzos) da campaña que acaba de concluír, o número de presentacións medrou en máis de 3.100.000 con respecto ás cifras do mesmo período fai seis anos, un 43%, e o de devolucións aumentou en máis de 1.600.000, un 35%. Nesta última campaña xa máis da metade das declaracións previstas se presentaron neses dous primeiros meses.

A consecución destes obxectivos se produciu na presente campaña mantendo, en paralelo, o tradicional servizo de asistencia presencial ao contribuínte. Este ano, a Axencia Tributaria concertou máis de 2,4 millóns de citas para a confección da declaración e atendeu máis de 4,3 millóns de chamadas para a presentación de declaracións, información e asistencia.

Imposto sobre o patrimonio

Paralelamente á Campaña de Renda se desenvolveu a do Imposto sobre o Patrimonio, que debían declarar aqueles contribuíntes con cota a ingresar (tras aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén aqueles sen cota a ingresar, pero que o pasado ano contaban con bens e dereitos cun valor superior aos 2 millóns de euros.

Ata o día de onte se rexistraron xa máis de 197.500 declaracións de Patrimonio e o importe a ingresar alcanza os 1.033 millóns de euros.

Anexo. Se incorporan as táboas seguintes:

  • IRPF 2016 (Datos a 3 de xullo) Datos Nacionais
  • Declaracións presentadas
  • Devolucións solicitadas e pagas
  • Devolucións pagas número e importe 2015/2016