Solicitudes de información tributaria e aduaneira por Internet

A Axencia Tributaria realiza unha proba piloto en Cataluña, Canarias e Asturias para responder por Internet ás dúbidas tributarias.

A Axencia Tributaria vai desenvolver durante o mes de febreiro de 2012 unha proba piloto para ofrecer a aqueles cidadáns que o soliciten, e dispoñan de certificado electrónico ou DNIe, información tributaria e aduaneira por Internet.

As solicitudes de información aduaneira poderán realizarse en relación cos Impostos Especiais, Xestión Aduaneira e INTRASTAT.

En materia tributaria, a proba piloto restrinxiuse unicamente á contestación de solicitudes de información relativas ao concepto Imposto sobre a renda das persoas físicas.

En ambos os dous casos, contestaranse as solicitudes, exclusivamente procedentes dos ámbitos territoriais das Delegacións Especiais de Cataluña, Canarias e Asturias.

Inclúese a continuación unha nota informativa cos principais aspectos deste servizo de información; ao final da devandita nota encontrará a ligazón para tramitar a súa solicitude.