Histórico

Anterior <<1234>> Seguinte

  • 04-05-2012 A Axencia Tributaria advirte de intentos de fraude a través de Internet
    Os diversos intentos de engano fan referencia a supostos reembolsos de impostos, mediante envíos de comunicacións masivas por correo electrónico nos que se suplanta a identidade e imaxe da Axencia Estatal de Administración Tributaria, ou ben a identidade dos seus directivos. Con frecuencia, os intentos de fraude fan referencia a unha suposta información que imposibilita o envío da devolución da campaña de Renda e suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.
  • 20-04-2012 Servizo de cita previa. Renda 2011
    A partir do 19 de abril e ata o 29 de xuño os contribuíntes que o desexen poderán solicitar cita previa para modificar o seu borrador de renda 2011 ou para confeccionar a súa declaración. É conveniente que os contribuíntes acudan ao lugar da cita coa documentación que de modo orientativo se sinala a continuación.
  • 14-04-2012 Ampliación do próximo prazo de presentación de declaracións con domiciliación bancaria do pagamento
    Ante as dificultades de acceso á sede electrónica provocadas pola forte demanda dos servizos de asistencia postos a disposición dos cidadáns na Campaña de Renda 2011, aprobouse a Orde HAP/725/2012, do 12 de abril, pola que se modifica a Orde EHA/1658/2009, do 12 de xuño.
  • 29-03-2012 Novo portal de "Censos, NIF e domicilio fiscal"
    Publicouse un novo portal que ofrece toda a información sobre Censos, NIF e domicilio fiscal antes publicada en diversas alíneas da páxina. O portal mostra de xeito ordenado os aspectos informativos e os accesos á tramitación e ás consultas situadas na Sede electrónica, cun tratamento específico segundo segmentos de usuarios: Cidadáns e Empresas e profesionais.
  • 26-01-2012 Solicitudes de información tributaria e alfandegueira por Internet
    A Axencia Tributaria realiza unha proba piloto en Cataluña, Canarias e Asturias para responder por Internet ás dúbidas tributarias.
  • 13-01-2012 Nota informativa Retencións 2012
    A Disposición adicional trixésima quinta da Lei do IRPF, engadida polo Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro (BOE do 31), de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, establece un gravame complementario á cota íntegra estatal no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas que resulta de aplicación nos períodos impositivos 2012 e 2013. En consonancia con iso, o citado Real Decreto-lei establece así mesmo un incremento das retencións e ingresos a conta sobre os rendementos do traballo que se cuantifica mediante a aplicación dunha escala especificamente aprobada para tal efecto.
  • 02-01-2012 Retencións traballo persoal 2012
    Encóntrase dispoñible o programa de axuda de retencións do traballo persoal para o exercicio 2012. Ademais, como novidade para este exercicio, está dispoñible un novo servizo on line para o cálculo de retencións que non requirirá descarga do programa de axuda no equipo do usuario. Con estes instrumentos o contribuínte poderá calcular a contía e o tipo de retención que lle correspondan en función das retribucións aboadas ou satisfeitas, conforme se establece no Regulamento do Imposto sobre a renda das persoas físicas nos seus artigos 80 e seguintes.
  • 16-12-2011 Simulador IRPF 2011
    O simulador confeccionado pola Axencia Tributaria facilita a realización dos cálculos e permite simular o resultado da declaración do Imposto sobre a renda das persoas físicas referida ao exercicio fiscal 2011, a presentar en 2012. Este servizo de axuda calcula o resultado da hipotética declaración, que non ten validez xurídica, en función dos datos introducidos polo propio contribuínte. É un instrumento de utilidade para quen queira planificar ou coñecer con antelación cal podería ser a cota a ingresar ou a devolver na súa futura declaración do Imposto sobre a renda das persoas físicas. Os resultados non son vinculantes para a Axencia Tributaria.
  • 17-11-2011 Notificación electrónica obrigatoria para sociedades anónimas e limitadas, así como para grandes empresas
    Dende que visualice en sede electrónica ou reciba por correo a notificación de inclusión no sistema de notificación electrónica obrigatoria, todas as súas notificacións seranlle remitidas exclusivamente, sen máis trámite, ao seu Enderezo Electrónico Habilitado.
  • 18-10-2011 Actualización censo de colaboradores sociais
    A Axencia Tributaria está procedendo á actualización do censo de colaboradores sociais para a presentación telemática de declaracións en nome de terceiros. Para que un profesional do ámbito tributario actúe como colaborador social é condición imprescindible ser membro dunha asociación ou colexio profesional que teña subscrito o correspondente convenio coa Axencia Tributaria.
Anterior <<1234>> Seguinte


  • 26-08-2011 Cuestións referentes á diminución do tipo impositivo do IVE aplicable á entrega de vivendas
    Dende o 20 de agosto de 2011 ata o 31 de decembro de 2011, aplicarase o tipo reducido do 4 por cento ás entregas de edificios ou parte destes aptos para a súa utilización como vivendas, incluídas as prazas de garaxe, cun máximo de dúas unidades, e anexos neles situados que se transmitan conxuntamente.
  • 21-07-2011 Anuncios de citación para notificación por comparecencia
    A partir do 20 de xullo de 2011, e segundo establece a Orde EHA/1843/2011, do 30 de xuño, (BOE do 4 de xullo), a publicación de anuncios para citar o interesado ou o seu representante para ser notificados por comparecencia nos supostos establecidos e cos efectos previstos no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, deixa de levarse a efecto a través do Boletín Oficial do Estado e realízase na sede electrónica da Axencia Tributaria.
  • 11-07-2011 Nota informativa do proxecto de Real Decreto sobre obrigas formais
    Infórmase de novidades tributarias contidas no proxecto de Real Decreto sobre obrigas formais acerca da prórroga do 340, modificación do 347 e días de cortesía nas Notificacións Electrónicas Obrigatorias (NEO)
  • 01-07-2011 Aviso de seguridade
    Ante distintos intentos de fraude, a Axencia Tributaria recorda que non cobra importe ningún polos servizos que presta.
  • 05-04-2011 Vídeo Borrador Renda 2010
    Adiántese. Xa pode solicitar a través do seu teléfono móbil o número de referencia para obter o seu borrador e datos fiscais de Renda 2010.
  • 08-03-2011 Criterios de caracter xeral na aplicación dos tributos
    A Axencia Tributaria publicou diversos criterios de xeral aplicación. A difusión destes criterios é consecuencia dos compromisos asumidos no Código de Boas prácticas tributarias.
  • 11-01-2011 Retencións traballo persoal 2011
    Está dispoñible o programa de axuda de retencións do traballo persoal para o exercicio 2011. Con este programa o contribuínte poderá calcular a contía e o tipo de retención que lle correspondan en función das retribucións aboadas ou satisfeitas, conforme se establece no Regulamento do Imposto sobre a renda das persoas físicas nos seus artigos 80 e seguintes.
  • 21-12-2010 Dedución por investimento na vivenda habitual
    AVISO IMPORTANTE: Información sobre a modificación da dedución por investimento na vivenda habitual no IRPF a partir de 1 de xaneiro de 2011, conforme ao disposto na Lei 39/2010, do 22 de decembro, de presupostos xerais do Estado para o ano 2011. (BOE 23-decembro-2010).
  • 09-12-2010 Notificacións e comunicacións electrónicas obrigatorias
    A partir do 1 de xaneiro de 2011, a Axencia Tributaria comezará a notificar por medios electrónicos e de forma obrigatoria a determinados colectivos, basicamente sociedades anónimas e limitadas, e empresarios e profesionais inscritos no Rexistro de Devolución Mensual do IVE. Non obstante, a entrada en vigor será gradual e non producirá efectos ata que a Axencia Tributaria comunique individualmente e polos medios tradicionais a inclusión neste sistema.
  • 23-07-2010 Foro de Grandes Empresas. Código de Boas Prácticas
    O Código de boas prácticas tributarias foi aprobado polo Foro de Grandes Empresas. Trátase dunha iniciativa pioneira no mundo, froito do traballo de cooperación entre a Axencia Tributaria e unha ampla representación do tecido empresarial, baseado nos principios de transparencia e confianza mutua.


  • 12-07-2010 Modificación tipos impositivos IVE
    A Lei 26/2009, de presupostos xerais do Estado para 2010, modificou os tipos xeral e reducido do imposto sobre o valor engadido con efectos a partir do 1 de xullo, de forma que o tipo xeral pasa do 16% ao 18% e o tipo reducido pasa do 7% ao 8%, sen que se producise alteración ningunha en relación co tipo superreducido do 4% e cos tipos da recarga de equivalencia.
  • 30-06-2010 Obrigas de documentación das operacións vinculadas
    O Real decreto 897/2010, do 9 de xullo, polo que se modifica o Regulamento do imposto sobre sociedades, simplifica as obrigas de documentación das operacións vinculadas para todos os suxeitos pasivos do imposto.
  • 31-05-2010 PLAN INTEGRAL DE PREVENCIÓN E CORRECCIÓN DA FRAUDE FISCAL, LABORAL E Á SEGURIDADE SOCIAL
    Recentemente o Goberno aprobou un Plan de acción contra a fraude no cumprimento das obrigas tributarias, laborais e da Seguridade Social.
  • 06-05-2010 VÍDEO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS 2009
    A Axencia Tributaria publicou na súa canle de You Tube un vídeo cun sinxelo exemplo do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2009.
  • 09-04-2010 Medidas para o impulso da recuperación económica e o emprego
    O recentemente aprobado Real decreto-lei 6/2010, do 9 de abril, de medidas para o impulso da recuperación económica e o emprego, introduce modificacións fiscais destinadas a recuperar a actividade no sector da construción pola vía, fundamentalmente, do impulso fiscal á actividade da rehabilitación de vivendas, e co obxectivo de contribuír á eficiencia e ao aforro enerxético.
  • 09-03-2010 Redución por mantemento ou creación de emprego
    Con efectos dende o 1 de xaneiro de 2009 e con vixencia para os exercicios 2009, 2010 e 2011, será aplicable unha redución do 20% sobre o rendemento neto positivo declarado previamente minorado no seu caso, pola redución por rendementos xerados en máis de dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular no tempo e pola redución polo exercicio de determinadas actividades económicas (artigo 32.2 LIRPF), sempre que se dean determinados requisitos e se manteña ou cree emprego no exercicio.
  • 15-02-2010 Directiva de Servizos
    A Directiva de Servizos (Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de decembro de 2006), relativa aos servizos no mercado interior, entrou en vigor o 28 de decembro de 2006. Os Estados membros debían levar a cabo a transposición no prazo de tres anos, que finalizou o 28 de decembro de 2009.
  • 02-02-2010 IRPF. Novidades tributarias: ERE e dedución de 400 €
    Información sobre o novo tratamento da indemnización por despedimento como consecuencia de ERE aprobado a partir do 8 de marzo de 2009, e novidades na aplicación, a partir do 1 de xaneiro de 2010, da dedución por obtención de rendementos do traballo ou de actividades económicas.
  • 04-01-2010 Sede electrónica da Axencia Tributaria
    Para dar cumprimento ao establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos e no RD 1671/2009 que desenvolve parcialmente a devandita lei en canto á creación de sedes electrónicas, a Axencia Tributaria publicou a súa Sede electrónica o día 30 de decembro de 2009.
  • 29-12-2009 Presentación de solicitudes de aprazamento/fraccionamento
    Nas presentacións de solicitudes de aprazamento/fraccionamento do pagamento de débedas, débense consignar necesariamente os datos de domiciliación bancaria relativos a entidade, sucursal, díxito de control e número de conta, dado que a domiciliación bancaria é obrigatoria para as solicitudes que se presenten a partir do 1/1/2010.

Anterior <<1234 > > Seguinte

Anterior <<1234 > > Seguinte