Principais novidades tributarias introducidas polo Real decreto-lei 20/2017, do 29 de decembro: prórroga dos límites de exclusión para a aplicación do método de estimación obxectiva

PRINCIPAIS NOVIDADES TRIBUTARIAS INTRODUCIDAS POLO REAL DECRETO-LEI 20/2017, DO 29 DE decembro, POLO QUE SE PRORROGAN E APROBAN DIVERSAS MEDIDAS TRIBUTARIAS E OUTRAS MEDIDAS URXENTES EN MATERIA SOCIAL

O 30 de decembro de 2017 publicouse no BOE o Real decreto-lei 20/2017, do 29 de decembro, polo que, entre outras medidas, prorróganse para o período impositivo 2018 os límites cuantitativos que delimitan o ámbito de aplicación de método de estimación obxectiva para as actividades económicas incluídas no ámbito de aplicación do devandito método, con excepción das actividades agrícolas, gandeiras e forestais, que teñen o seu propio límite cuantitativo por volume de ingresos.

Así mesmo, prorróganse para o período impositivo 2018 os límites para a aplicación do réxime simplificado e o réxime especial da agricultura, gandaría e pesca.

Polo tanto, aínda que a Orde de módulos modificou as magnitudes excluíntes para o ano 2018 ao establecer as mesmas por remisión ás contidas no artigo 31 da LIRPF, seguirán en vigor as vixentes nos exercicios 2016 e 2017 para o exercicio 2018 (Disposición transitoria trixésimo segunda da LIRPF e disposición transitoria décimo terceira da LIVE).

Magnitudes excluíntes de carácter xeral:

  • Volume de ingresos no ano inmediato anterior superior a 250.000 euros para o conxunto de actividades económicas, agás as agrícolas, gandeiras e forestais. Computaranse a totalidade das operacións, exista ou non obriga de expedir factura. As operacións en que exista obriga de expedir factura cando o destinatario sexa empresario, non poderán superar 125.000 euros.
  • Volume de ingresos para o conxunto de actividades agrícolas, forestais e gandeiras superiores a 250.000 euros.
  • Volume de compras en bens e servizos no ano inmediato anterior, excluídas as adquisicións do inmobilizado, superior a 250.000 euros.

Ademais, establécese un novo prazo de renuncia ou revogación para o ano 2018 ao método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do réxime simplificado e do réxime especial da agricultura, gandaría e pesca do Imposto sobre o Valor Engadido.

O devandito prazo será dun mes a partir do día seguinte á data de publicación no BOE do Real decreto-lei 20/2017, isto é, ata o 31 de xaneiro de 2018.