Cambios na Orde HFP/417/2017, do 12 de maio, pola que se regulan as especificacións normativas e técnicas da leva de libros rexistro de IVE a través da Sede electrónica

Cambios na Orde HFP/417/2017, do 12 de maio, de acordo co Proxecto "de Orde pola que se modifican a Orde HFP/417/2017, do 12 de maio, pola que se regulan as especificacións normativas e técnicas que desenvolven a leva dos libros rexistro do Imposto sobre o Valor Engadido a través da Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria establecida no artigo 62.6 do Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido, aprobado polo Real decreto 1624/1992, do 29 de decembro, e a Orde EHA/3786/2008, do 29 de decembro, pola que se aproban o modelo 303 Imposto sobre o Valor Engadido, autoliquidación":

  • Engádese o NIF da entidade sucesora na identificación da factura.

    Obxectivo: identificar os rexistros de facturación realizados por unha entidade na súa condición de sucesora doutra entidade por operacións de reestruturación societaria.

  • Engádese unha nova clave de factura no libro rexistro de facturas recibidas, denominada “LC”: “Aduana – Liquidación complementaria”.
  • Engádense dúas marcas para identificar:
    • Dentro das claves propias de facturas completas ás facturas simplificadas “cualificadas” (son simplificadas, pero identifican o destinatario de acordo cos apartados 2 e 3 do artigo 7 do RD 1619/2012).
    • Dentro das claves de facturas simplificadas ás facturas completas en que non é obrigatorio identificar o destinatario (son as previstas no artigo 6.1.d) do RD 1619/2012), por exemplo, un non establecido que realiza vendas a distancia.
  • Engádese no Libro rexistro de facturas expedidas unha marca para identificar aquelas facturas expedidas por terceiros de acordo co previsto na disposición adicional terceira e sexta do Real decreto 1619/2012.
  • Engádese unha nova clave de medio de cobramento / pagamento das operacións acollidas ou afectadas polo réxime especial do criterio de caixa do IVE para identificar aqueles cobramentos e pagamentos que se instrumenten mediante ordenes de domiciliación bancaria.
  • Engádese unha disposición adicional segunda para determinar que aqueles suxeitos pasivos que queden obrigados ao SII no curso do exercicio deben remitir os rexistros de facturación correspondentes ao período de tempo do exercicio anterior á súa inclusión.

    En consecuencia, a clave “primeiro semestre 2017” pasa a denominarse “primeiro semestre 2017 e outras facturas anteriores á inclusión no SII ”

  • Outros cambios:
    • Engádese, a petición expresa de varias empresas, un campo adicional de contido libre denominada “referencia externa” co obxectivo de que poidan engadir información interna da empresa asociada ao rexistro da factura.
    • Permítese a desagregación do importe exento en función das distintas causas de exención que pasan a ser compatibles.
    • Cando unha factura teña máis de 15 NRC enviarase un XML específico co resto de datos dos inmobles.
    • Noméanse algunhas etiquetas para ofrecer maior claridade e precisión xurídica nas denominacións: período de liquidación, facturación por terceiros ou polo destinatario e importe de transmisións de inmobles suxeitos a IVE.

(Madrid a 13 de outubro de 2017)