Asistente Virtual de IVE comercio exterior

Co obxecto de dar resposta inmediata ás dúbidas sobre a tributación no IVE das operacións de comercio exterior, inclúese como servizo de axuda dentro do portal de IVE un “Asistente virtual”. Se esta ferramenta de atención automática non pode solucionar a consulta poderá enviara a través dun formulario por correo electrónico.

As conversacións mantidas co Asistente poderanse imprimir ou gardar (pdf) se o usuario indica que a conversación lle foi útil.

A información facilitada polo Asistente será obxecto de continua mellora e actualización tendo en conta a opinión dos usuarios.