Declaración de compras por Internet e envíos de particulares

A introdución de mercadorías en Península, Baleares e Canarias procedente de terceiros países, Ceuta ou Melilla, está suxeita ao pagamento de dereitos de importación, IVE ou IGIC (Canarias) e, se é o caso, Impostos Especiais e require a presentación dunha declaración de importación (DUA).

Os particulares que realicen compras por internet ou reciban envíos de particulares que superen as franquías existentes, poden realizar a declaración aduaneira a través da Sede Electrónica da AEAT, sempre que dispoñan de certificado dixital.

Este servizo é gratuíto, debe satisfacer o particular á AEAT exclusivamente, os dereitos de aduana e IVE (en Canarias ingresarase o IGIC ao Goberno de Canarias). Estes importes son INDEPENDENTES dos que cargue o operador postal ou de transporte.

Para poder realizar esta declaración, os particulares deben solicitarlle ao SEU OPERADOR POSTAL OU DE TRANSPORTE o número de declaración sumaria/partida e a documentación comercial que acompañe o envío.

Salvo que o interesado indique expresamente a clasificación arancelaria aplicable ás mercadorías importadas, aplicarase unha clasificación xenérica que supón a aplicación dos seguintes tipos: arancel 2,5%; IVE 21%; IGIC 7%.

Valor do envío

Impostos que hai que pagar

Porcentaxe xeral aplicable[1]

Compras por internet (remitente é unha empresa)

Menor ou igual que 22 euros

Exento de arancel e IVE

0 % arancel

0 % IVE

Maior que 22 e menor ou igual que 150 euros

Exento de arancel pero suxeito a IVE

0 % arancel

21 % IVE

Maior de 150 euros

Suxeito a arancel e IVE

2,5 % arancel

21 % IVE

Envíos entre particulares

Menor ou igual que 45 euros

Exento de arancel e IVE

0 % arancel

0 % IVE

Maior que 45 euros

Suxeito a arancel e IVE

2,5 % arancel

21 % IVE



[1] Estas porcentaxes en caso de que o particular non indique a clasificación arancelaria que corresponde ás mercadorías, en cuxo caso se aplicarán as cantidades correspondentes a esta.