CORA na Axencia Tributaria

  • A Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) foi creada por Acordo do Consello de Ministros do día 26 de outubro de 2012 e adscribiuse ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a través da Secretaría de Estado de Administracións Públicas sendo o seu presidente o subsecretario da Presidencia e a súa vicepresidenta a subsecretaria do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

    Esta comisión para a reforma das administracións públicas estruturouse en catro subcomisións. 

    • Duplicidades administrativas, co obxectivo de identificar e eliminar duplicidades e reforzar os mecanismos de cooperación entre administracións.
    • Simplificación administrativa, dirixida á eliminación de trabas burocráticas e a simplificación de procedementos en beneficio dos cidadáns.
    • Xestión de servizos e medios comúns, coa finalidade de identificar as actividades de xestión que, por ser similares, se puidesen desempeñar de forma centralizada ou coordinada, optimizando os recursos públicos.
    • Administración institucional, focalizada na análise da tipoloxía dos entes que compoñen as administracións públicas, e co propósito de abordar modificacións xerais e actuacións singulares sobre entidades concretas. 

    Como resultado dos traballos, a CORA elaborou un informe presentado ao Consello de Ministros pola vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia e o ministro de Facenda e Administracións Públicas no día 21 de xuño de 2013, cun amplo conxunto de medidas dirixidas á mellora, simplificación e optimización do funcionamento das administracións públicas. O número total de medidas ou propostas de reforma alcanzou a cifra de 218, das que 138 afectan o Estado e as comunidades autónomas e 80 exclusivamente a Administración xeral do Estado.

    Por último, o Real decreto 479/2013, do 21 de xuño, creou a Oficina para a Execución da Reforma da Administración, OPERA, co obxectivo de velar pola execución das medidas incluídas no informe da Comisión para a Reforma das Administracións Públicas, asumir o seu seguimento, impulso, coordinación e avaliación permanente, así como formular novas propostas. 

  • Tempos medios de tramitación dos procedementos máis empregados na AEAT
  • Medidas impulsadas pola Axencia Tributaria